Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

O lago de Senftenberg ocupa 900 hectáreas

As Pontes toma notas na cidade alemá de Senftenberg de como xestionar o seu lago artificial

Sociedade 26/06/2009
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha expedición pontesa -formada por varios concelleiros, representantes das asociacións de veciños e membros das agrupacións de comerciantes e industriais- visitaron a localidade xermana de Senftenberg. A principal conclusión á que chegaron é que a experiencia dun lago creado no oco da explotación mineira desta cidade resulta extrapolable ao caso das Pontes. Xosé Montero, desde Radio Eume, amplíanos esta información na súa crónica falada.


LM Composites dedícase á fabricación de palas para aeroxenadores

LM Composites inicia a segunda quenda do seu ERE

Sociedade 25/06/2009
  Envía a túa opinión

Entra en vigor mañá venres día 26 o troco de quenda do Expediente de Regulación de Emprego da planta eólica LM Composites, o que significa que os traballadores afectados terán que ir para a casa durante o que resta de ano. Coincidindo con este feito, o comité de empresa convocou unha mobilización para protestar contra este ERE que concirne á práctica totalidade do cadro de persoal da factoría. Xosé Montero, desde Radio Eume, amplía os datos desta nova na súa crónica falada.


O obxectivo da xornada é informar sobre a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos

O Instituto Pontés de Promoción Económica organiza unha charla sobre a protección de datos

Sociedade 23/06/2009
  Envía a túa opinión

O Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) ofrecerá o xoves unha xornada dedicada á nova lexislación en materia de protección de datos que irá dirixida a empresarios, autónomos e asociacións. A iniciativa, auspiciada polo Concello a través do departamento de Promoción Industrial, terá como escenario o salón de actos do Centro de Dinamización Empresarial do polígono de Penapurreira e está prevista a participación de 180 empresarios do municipio, tal como informan desde Radio Eume.


Cartel do evento

Cans de raza de todo o Estado daranse cita nas Pontes

Sociedade 22/06/2009
  Envía a túa opinión

As Pontes acollerá a súa I Exposición Nacional Canina, organizada polo Concello coa colaboración da Asociación Cinolóxica, Cultura e Deportiva Expogal. A cita celebrarase o 18 e 19 de xullo, pero xa está aberto o prazo de inscrición. Os interesados en anotar os seus cans deben facelo antes do día 6 de xullo.


Calendario das probas

As Pontes prepara as súas primeiras Olimpíadas dirixidas a escolares

Sociedade 20/06/2009
  Envía a túa opinión

O departamento de Cultura e Deporte está a organizar as que serán as primeiras Olimpíadas Concello de As Pontes, coa que se pretende potenciar a práctica de diferentes disciplinas deportivas entre os escolares. Esta actividade irá dirixida a pequenos e pequenas de entre 4 e 18 anos que se poderán anotar nas diferentes probas que se desenvolverán dende o vindeiro luns.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros