Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Os armadores xa non contan con cobertura gratuíta

José Luis Rodríguez: “A decisión da Xunta desampara a 30 mil traballadores”

Institucional 29/10/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega) esixe á Consellaría do Mar que reconsidere a decisión de eliminar o seguro colectivo de accidentes que daba cobertura a uns 30 mil traballadores de todo o sector (pescadores, mariscadores e armadores, entroutros profesionais). O pasado 1 de outubro, Mar impuxo a poliza do seguro Polar eliminado así a cobertura gratuíta.


Cartaz do certame

De tapeo por Boiro

Sociedade 28/10/2010
  Envía a túa opinión

A concellería de Turismo de Boiro, que dirixe Francisca Suárez Lijó, organiza un concurso de tapas entre bares e restaurantes da localidade. Entre hoxe e este sábado 30, en horario de mediodía e de noite, poderase degustar o mexillón de Boiro, elaborado de distintas formas: mexillón primaveira, mexillóns mariachi, brocheta de mexillón en tempura de almendra sobre crema de marisco,…e outras moitas tapas de inxenio que competirán por acadar o premio deste concurso de tapas.


Vista do pazo

Sinatura da escritura pública de compravenda do Pazo de Goiáns

Sociedade 27/10/2010
  Envía a túa opinión

O salón de plenos da Casa Consistorial de Boiro acollerá, mañá ás doce do mediodía, a sinatura da escritura pública de compravenda do Pazo de Goiáns ante o notario do municipio, D. José Prieto Luengo. Asinarán o documento o Alcalde de Boiro, D. Xosé Deira Triñanes, e D. Ángel García Rodríguez, representante legal da empresa “Cecosa Hipermercados S.L.”, propietaria do conxunto histórico e da finca que o rodea, e que a partir dese momento pasará a formar parte do patrimonio do Concello de Boiro.


Bateas de Boiro

Achegan o mundo do mexillón a cociñeiros de prestixio

Sociedade 20/10/2010
  Envía a túa opinión

Dentro do plan de desestacionalización turística do Mexillón de Boiro, que está a levar a cabo o Concello de Boiro, inclúese a iniciativa que se vai desenvolver os vindeiros días 24 e 25 de Outubro.O proxecto contará coa participación activa dun grupo de cociñeiros de referencia no panorama nacional como Pedro e Marcos Morán (Casa Gerardo, Prendes, Asturias), Juanjo Pérez (Cocinandos, León), Pepe Solla (Solla, Poio, Pontevedra) ou Xosé T. Cannas (Pepe Vieira Camiño da Serpe, Poio, Pontevedra), todos eles recoñecidos cunha estrela na Guía Michelin, Antonio Botana (Pandemonium, Cambados. Presidente do Grupo Nove), Nacho Vázquez (La Ereta, Alicante) ou Javier Olleros (Culler de Pau, O Grove), ademais dun grupo de xornalistas e bloggers de publicacións: El Mundo, Cocina Futuro, Excelente, Diario Expansión, Vanity Fair, Onda Cero, El Correo de Andalucía, 7Canibales.com, Guia Repsol, Diario Información (Alicante), Radio Galega, Punto Radio, Gourmets ou Elcocinerofiel.com.


Pablo Villamar e o alcalde de Boiro, Xosé Deira Trinañes esta tarde

Pablo Villamar asesora ás Confrarías de Boiro sobre medidas de aforro enerxético

Sociedade 19/10/2010
  Envía a túa opinión

O Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Pablo Villamar Díaz, desprazouse esta tarde, ao Centro Social de Boiro, onde mantivo unha xuntanza de traballo con patróns maiores da bisbarra, a fin de presentar ás Confrarías os servizos que ofrece a “Axencia Enerxética Provincial da Coruña”, entidade impulsada polo organismo provincial co obxectivo de “implicar a tódolos axentes públicos e privados na promoción das enerxías renovables e na aplicación das accións de aforro e eficiencia enerxética”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros