Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Os vigueses Belöp son uns dos finalistas do Queixo Maquetón

Willy Naves, Bongo Experience e Belöp son os finalistas da II edición do Queixo Maquetón

Cultura 18/02/2010
  Envía a túa opinión

Os vigueses Belöp, os asturianos Willy Naves e os barceloneses de Vilanova i la Geltrú, Bongo Experience, son os tres finalistas da segunda edición do proxecto Queixo Maquetón, que se celebra no marco da programación da Festa do Queixo de Arzúa. Este ano, o certame recibiu un total de 30 proxectos chegados desde distintos puntos de España, converténdose de novo nunha referencia para o descubrimento de novas bandas. A final será o 6 de marzo a partir das seis da tarde na Praza da Vila de Arzúa. O gañador será o encargado de pechar os concertos da xornada despois das actuacións no Campo da Feira dos franceses Rinôçérôse e dos murcianos Second. O xurado, ademais dos organizadores do propio proxecto, estará composto por destacados profesionais vinculados ao mundo da música.




O alcalde de Arzúa solicita ante o Consorcio Galego de Benestar a ampliación da Escola Infantil

Institucional 11/02/2010
  Envía a túa opinión

O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, reuniuse esta mañá co Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, Roberto Rodríguez, coa finalidade de solicitar unha ampliación da Escola Infantil de Arzúa dado que a día de hoxe o centro ten cubertas todas as súas prazas e conta cun total de 12 nenos e nenas en lista de agarda. O Alcalde acudiu acompañado dun proxecto de ampliación da escola infantil así como dun informe elaborado pola Directiva da Escola Infantil no que se da conta da insuficiencia das prazas existentes na actualidade xa que, tal e como se desprende do documento, “o servizo non da resposta á demanda actual das familias de cara a favorecer a conciliación da súa vida familiar e laboral”.



Imaxe do interior de “ O Trasno viaxeiro”

O maxín de “O trasno viaxeiro”

Sociedade 11/02/2010
  Envía a túa opinión

O trasno viaxeiro naceu sendo libraría-ludoteca. Na actualidade é unha libraría que agocha milleiros de volumes, sendo especialmente variados os fondos de literatura infantil. O seu fermoso nome xurde do maxín, das páxinas dos libros e do seu mundo máxico. Este caixón de xastre atópase en Cacheiras - Teo (A Coruña).


Adxudícanse as obras de mellora da seguridade na estrada de Arzúa a Ponte Carreira

Institucional 08/02/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa informou esta mañá que proximamente comezarán os traballos de mellora da seguridade na estrada que conduce dende este municipio ata o de Ponte Carreira. A actuación prevista executarase no tramo que se estende dende os puntos quilométricos 11,750 ata o 12,910 da estrada CP: 0604. As obras comezarán en breve unha vez que a Deputación Provincial, titular do vial, xa procedeu á adxudicación desta actuación, que recaeu na empresa Proyecta Actividades Profesionales de la Construcción S.L., que mediante un orzamento de 163.706,34 euros construirá beirarrúas na marxe dereita do vial anteriormente sinalado, coincidindo esta actuación coa fronte do parque empresarial, dende o cruce coa Estrada Nacional 547 ata a altura do último vial do polígono industrial; dende este punto e ata o cruce do lugar de Seixas crearase unha senda peatonal.



Os franceses Rinôçérôse actuarán na Festa do Queixo

Rinôçérôse, Second e Mutenrohi encabezan o programa musical da Festa do Queixo de Arzúa

Sociedade 08/02/2010
  Envía a túa opinión

A Festa do Queixo de Arzúa presentou o programa musical para a 35 edición. Os franceses Rinôçérôse e os murcianos Second actuarán o sábado 6 de marzo. O Festival Folk terá lugar o domingo 7 coas actuacións de Mutenrohi e Anxo Lorenzo. Ademais, tras o éxito do ano pasado, celebrarase a segunda edición do concurso Queixo Maquetón na que actuarán os finalistas e o gañador deste ano. O evento celebrarase os próximos 5, 6 e 7 de marzo e o queixo Arzúa-Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros