Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 25 de Maio de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

José María Castellano preside o consello de administración de NCG banco

O Consello de Administración de NCG amplíase con 3 novos membros

Institucional 17/10/2011
  Envía a túa opinión

A solución para atallar a polémica xerada polo controvertido pago de indemnizacións millonarias que levaron os ex-executivos de Novacaixagalicia centrou hoxe o consello de administración de NCG Banco, que se desenvolveu no medio dun absoluto mutismo. O BNG reclamou este mediodia a devolución íntegra das "prexubilacións de ouro". Na reunión do consello de administración de NCG Banco tamén se deu entrada hoxe ós tres novos membros designados polo FROB, dado que o fondo de rescate estatal controla o 93%, da entidade. O consello queda integrado agora por 12 membros.


Mobilización na Coruña contra as prexubilacións de ouro

Os ex-directivos da Caixa comezan a renunciar a parte das prexubilacións de ouro

Sociedade 16/10/2011
  Envía a túa opinión

NCG banco negocia cos ex directivos das caixas de aforro a súa renuncia a parte das prexubilacións de ouro que teñen recibido nos últimos meses. Dous ex altos cargos confirmaron a súa disposición a ceder algo das indemnizacións que se "autootorgaron" no seu dia.


Banco Gallego

Reclaman a dimisión de directivos do Banco Gallego

Institucional 11/10/2011
  Envía a túa opinión

A CIG reclama a dimisión inmediata dos altos cargos do Banco Gallego procedentes de Caixanova, vinculados ao escándalo das indemnizacións e que continuan no Consello de Administración do BG. Segundo a central nacionalista pola cúpula da entidade bancaria pasaron ou ainda están presentes Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego e Oscar Nelson Rodriguez Losada.


Asemblea de delegados da CIG na Coruña

CIG teima en dar a batalla na rúa contra a saída neoliberal á crise

Sociedade 09/10/2011
  Envía a túa opinión

Non pasa unha semana sen que se desenvolva en Galicia algunha protesta relacionada co impacto que na cidadanía e na clase traballadora están a ter as políticas de restrición ás que se entregaron decididamente os gobernos. A Confederación Intersindical Galega dende que comezaron as mobilizacións máis intensas pola deriva das administracións coas folgas contra a reforma laboral, insiste na mensaxe de que, para frear de verdade os recortes, cómpre dar a batalla na rúa. E abofé que cumpriu con esa convicción. A central nacionalista vén de por en marcha unha nova campaña de concienciación que rematará cunha manifestación programada para o día 23 de outubro en Compostela. O lema deste novo chamamento á poboación e toque de atención aos gobernos é “Si, existen alternativas! En defensa do emprego e dos servizos públicos”.


José Luís Méndez López

Os sindicatos reclaman información detallada sobre as prexubilacións de ouro

Sociedade 07/10/2011
  Envía a túa opinión

A Caixa Galicia pagou 16,5 millóns de euros polo retiro do seu director xeral José Luís Méndez, segundo asegura hoxe o xornal El Pais. Desglósase esa cantidade nunha percepción de 8,5 millóns do fondo de pensións da entidade e outros 2,7 como rescisión anticipada do seu contrato. As centrais sindicais demandan da NCG información detallada sobre as cantidades recibidas pola cúpula directiva.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros