Envía a túa opinión
Quedan 10 horas para a Folga xeral. Os sindicatos levan un mes preparando o paro de mañán, visitando as empresas e aos seus traballadores para explicar, por activa e por pasiva, as razóns que fan necesaria esta medida que ven ser o ultimo cartucho que lles queda aos traballadores. Os responsables comarcais dos tres sindicatos maioritarios explicaron esta mañán en Radio Fene algunhas desas razóns e tamén cómo prepararon a folga nos dias previos. O secretario da CIG, López Pintos, por exemplo, contaba que o seu sindicato percorreu na comarca un total de 220 empresas onde realizou as correspondentes 220 asambleas de traballadores. E algo moi importante que quixeron transmitirnos, que non demos crédito aos de arriba cando pretenden extender lendas urbanas como estas: “que os parados non queren traballar” “ que os sindicalistas viven moi ben” ou que “aos funcionarios se lles rebaixa o salario porque son uns vagos”
Envía a túa opinión
A charla do musicólogo Elías Bernabé “A zarzuela no século XXI” inaugura, este sábado, o curso da Asociación de Amigos da Lírica de Ferrol. Unha programación variada con conferencias, recitais e tamén actividades dirixidas ao máis pequenos. Entre os actos programados destaca un recital de zarzuela, o 6 de novembro no Teatro Xofre, a cargo do barítono, Marco Moncloa, a soprano, Hévila Cardeña e a pianista, Montserrat Fontmarco. Un espectáculo presentado polo afamado tenor Lorenzo Moncloa, que agocha unha gran sorpresa para o público, segundo o vocal da asociación, Juan José Rodríguez.
Envía a túa opinión
Unha misión comercial composta por 17 empresas británicas ligadas ao sector naval viaxará a Ferrol a próxima semana co fin de subscribir contratos comerciais coa industria militar de Ferrol, na primeira Xornada da Industria de Defensa Naval Británica. A Axencia gobernamental británica "UK Trade & Investment" (UKTI) organiza este primeiro encontro da Industria da Defensa Naval británica en España, que inclúe unha exhibición de empresas do sector de defensa naval, e un seminario con relatorios sobre programas e tecnoloxías navais.
Envía a túa opinión
“Fas máis falta que nunca. Afiliáte á Mesa". Baixo este lema a Mesa pola Normalización Lingüística arrinca unha campaña na comarca de Ferrolterra para incrementar a súa base social. No contexto tan crítico polo que atravesa a lingua galega resulta necesario que, a xente que quere o noso idioma, se comprometa e aporte o seu gran de area sumándose a nosa asociación, sinalou esta mañá en Ferrol, o vicepresidente nacional da Mesa, Francisco Rei.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
O ex director de Diario de Ferrol, Germán Castro inaugura mañán a Semana Cultural da Graña, organizada pola A VV Rosalía de Castro da localidade. O xornalista ofrecerá mañán martes unha conferencia ás 7 da tarde. Conferencias, teatro, musica e xogos, compoñen o programa cultural.