Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da festa

A mallar o trigo en Ardemil

Sociedade 05/08/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Castro da Croa, coa colaboración do Concello de Ordes, organiza esta fin de semana a tradicional Malla de Ardemil. O cumio da festa será o sábado coa malla do trigo. Xunto a este proceso etnográfico paralelamente haberá unha feira de anti­guedades, que inclúe unha con­centración de tractores novos e unha exposición de coches anti­gos, motos, motores antigos de mallas (a gasolina e diésel).


Cartel do Festival Brincadeira 2010

Ordes prepárase para o Brincadeira 2010

Sociedade 04/08/2010
  Envía a túa opinión

O concello de Ordes xa ten todo preparado para a celebración dunha nova edición do Festival Brincadeira 2010. O Festival, que se celebra no Campo da Feira, ten entrada gratuíta e inclúe unha zona de acampada para todos aqueles que se queiran quedar na zona durante os tres días que dura a cita. O venres e o sábado a localidade encherase coa mellor música do momento, con grupos como Siniestro Total ou Chícharo Psicótico o venres e a Orquestra Mondragón e Los Reyes del K.O. entre outros grupos. 


Ordes convídanos ao I Festival de Curtas Creative Commons

Cultura 03/08/2010
  Envía a túa opinión

O Auditorio de Ordes acolle pasadomañá xoves, 5 de agosto, o I Festival de Curtas Creative Commons, Cinestable, organizado pola Asociación de Usuarios GNU/Linux de Ordes, Inestable.org. A apertura de portas do festival realizarase ás seis da tarde e as proxeccións comezarán ás seis e media. As curtametraxes a concurso proxectaranse a partires das nove da noite. Inestable.org procura con esta iniciativa render homenaxe á liberdade que brindan as licenzas libres Creative Commons e, de paso, busca fomentar o seu uso e a difusión das súas vantaxes como, por exemplo, que permiten aumentar a difusión das obras noveis. Segundo Diego Lendoiro, un dos organizadores do festival, este certame demostroulles que hai bastante descoñecemento en materia de produción audiovisual a través de licenzas libres.

 


Mobilizaranse en agosto polo prezo do leite

Sociedade 29/07/2010
  Envía a túa opinión

Os sindicatos agrarios anuncian mobilizacións polo prezo do leite para o mes de agosto. Quéixanse da enorme diferenza que separa o prezo de venda ao público da cantidade que se paga ao gandeiro en orixe. O prezo medio do litro de leite en Galicia situouse en maio en 0,2794. A media española situouse en 0,2973, mentras que en Francia o prezo ronda os 0,30 céntimos de euro.


De esquerda a dereita, Jesús Pedreira , concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Mª Julia Melgar Riol, Manuel Regos, alcalde de Ordes, o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo Montabes, e Francisco Peña, director

A xestión dos residuos a debate

Sociedade 22/07/2010
  Envía a túa opinión

Arredor de 30 profesores e estudantes universitarios participaron no curso de verán sobre a xestión dos residuos que esta mañá se clausurou en Ordes. Da mán da Universidade de Santiago de Compostela, representantes de empresas e investigadores da materia avanzaron as últimas novidades en torno ao tema nos últimos 4 dias.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros