Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A Escola de Deseño e Moda Felicidad Duce celebra o seu décimo aniversario

Sociedade 24/05/2010
  Envía a túa opinión

A Escola Superior de Deseño e Moda Felicidad Duce celebra o seu décimo aniversario do 11 ao 20 de xuño cunha exposición de modelos realizados por alumnos do centro. A mostra exhibirase na sala Praza de Abastos de Allariz. Ademais, o venres 11 terá lugar neste mesmo espazo a entrega de títulos e diplomas do curso 2008-2009 e o desfile de modelos do alumnado de 2º curso de Estudos Superiores de Deseño.



Cartel das Festas de San Bieito de 2009

Iago Fernández e Álvaro Touza gañan o premio do Cartel Anunciador de San Bieito

Cultura 20/05/2010
  Envía a túa opinión

Un ano máis a Concellería de Cultura do Concello de Allariz convocou o Concurso do Cartel Anunciador das Festas Patronais de San Bieito 2010. O pasado martes reuníase o xurado, presidido pola Concelleira de Cultura Teresa Devesa, ademais de tres persoas relacionadas co eido da cultura, no que fallaban a favor de Iago Fernández Blanco e Álvaro Touza Prol, dous veciños de Allariz gañadores de 450 euros.


O Concello de Allariz promove unha experiencia piloto para a fabricación de compost

Institucional 12/05/2010
  Envía a túa opinión

Na sociedade actual xérase diariamente unha gran cantidade de lixo (1,5 kg persoa/día aprox.) da cal entre o 35-45% é materia orgánica que pode ser reciclada e devolta á terra en forma de compost (abono natural) para cultivos e plantas, evitando así os problemas ambientais derivados do seu tratamento a través da incineración ou o depósito en vertedoiro. O Concello de Allariz invita aos veciños a participar neste proxecto de compostaxe doméstico, mostrando así o compromiso do municipio de mellorar a xestión dos residuos sólidos urbanos ao tempo que se intenta ampliar a conciencia ecolóxica da poboación. Contarase coa participación inicial neste proxecto piloto de 34 vivendas unifamiliares, un colexio, unha gardería, un instituto, un albergue e catro entidades sociais, que se anotaron nunha convocatoria aberta nos primeiros meses de 2009.



Todo listo para a XIII Andaina Vila de Allariz

Institucional 12/05/2010
  Envía a túa opinión

A concellería de Deportes do Concello de Allariz vén de presentar a décimo terceira edición da Andaina Vila de Allariz, que se celebrará o vindeiro 22 de maio. Esta actividade, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998, desde entón a súa popularidade e número de participantes non parou de medrar, alcanzando hoxe en día preto dos mil participantes inscritos. Esta é unha iniciativa coa que se pretende familiarizar aos camiñantes neste tipo de proba longa, a máis de potenciar e dinamizar este fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores. A proba terá un importante compoñente ambiental porque descorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”. Ademais, este ano, colocarase, cada poucos quilómetros, puntos de recollida de lixo para os participantes.



Allariz prepárase para Festa do Boi

Sociedade 07/05/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Xan de Arzúa e o Concello de Allariz veñen de presentar a Festa do Boi 2010. Unha celebración que conta cunha gran participación veciñal e que logra transformar por uns días a vila de Allariz. Do 29 de maio ao 6 de xuño poderanse gozar de diferentes actividades pensadas para todas as idades que teñen como eixo común o protagonista da festa “o boi”. O tradicional evento comeza o sábado 29 de maio coa “Proba do boi”, na que os animais percorrerán as rúas por primeira vez neste ano a partir das 20:30h.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros