Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

A Asociación Alcer da Coruña promove esta actividade

O Concello de Boiro participa no programa “Bule con Alcer”

Sociedade 19/10/2010
  Envía a túa opinión

A Deputación da Coruña, desde a Comisión de Benestar Social, e a asociación Alcer Coruña (Asociación de Loita Contra as Enfermidades de Ril) en colaboración co Concello de Boiro, van poñer en marcha o programa 'Bule con Alcer'. Unha iniciativa que ten como finalidade promover a actividade física e social desenvolvendo un programa que proporciona beneficios físicos, psicolóxicos e sociais á poboación con enfermidades crónicas, como diabete, enfermidade de Crohn, lupus ou fibromialxia, entroutras.


Loito en Porto do Son

Sociedade 17/10/2010
  Envía a túa opinión

Dous submarinistas faleceron e un terceiro resultou ferido tras envorcar a embarcación na que saíran a facer pesca submarina na Ría de Muros e Noia. Dous deles son veciños do Porto do Son e un terceiro de Ribeira (A Coruña). 


A Asociación Olláparo organiza estes dous cursos

Cursos de fotografía no Centro Social de Boiro

Sociedade 16/10/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Olláparo de Boiro impartirá, a partir da vindeira semana, dous cursos de fotografía no Centro Social. O primeiro dos curso, Fotonoite, é un Taller teórico- práctico de fotografía nocturna pensado para resolver situacións de pouca luz, adaptándose a calquera tipo de cámara. Este curso comezará este luns 18, impartindose os luns de 20 a 21.30h.


O edil do BNG, Xoán león, sinala que non incurriu en ningunha irregularidade e que se amosa tranquilo

O BNG de Boiro rexeita as presións de especuladores urbanísticos que pretenden tratos de favor

Institucional 16/10/2010
  Envía a túa opinión

O consello local do BNG responde ás denuncias de José Ces, coñecido como o Bichano, que pretende atribuír ilegalidades a membros do goberno de Boiro. Os nacionalistas aclaran a controversia xerada arredor dun galpón de 27 m2, propiedade do concelleiro de Urbanismo, Xoán León, “foi construído hai máis de 16 anos e é completamente legal”.


A autovía Carballo - Berdoias en construcción

O PP négase a abrir unha comisión de investigación sobre a autovía da Costa da Morte

Sociedade 14/10/2010
  Envía a túa opinión

Todas as respostas que cómpre coñecer arredor da adxudicación das obras da autovía da Costa da Morte entre Carballo e Berdoias son as que ofreceu o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o pasado luns no Parlamento. Enténdeo así o PPdeG, que desbota que sexan precisas máis explicacións, polo que vén de  negar a apertura dunha comisión de investigación na Cámara.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros