Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Rúa do Viso

Arzúa inviste en saneamento gran parte dos 700.000 euros que recibirá do Plan E

Institucional 01/02/2010
  Envía a túa opinión

O goberno nacionalista de Arzúa aprobou este mediodía, na Xunta de Goberno Local, os seis proxectos que vai remitir ao Ministerio para o seu financiamento a través do Plan E-2, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, que achegará a Arzúa a cantidade de 700.696 euros. Desde o consistorio salientan o grande esforzo inversor na mellora e coidado do medio ambiente; de feito a maior parte do orzamento irá destinada á mellora do saneamento en núcleos rurais e no propio casco urbano do municipio.



O concurso de disfraces de Arzúa repartirá 2.000 euros en premios

Sociedade 28/01/2010
  Envía a túa opinión

O Entroido en Arzúa é sinónimo de grandes festas, a que dende hai anos depara o desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura. As bases para participar nesta actividade, que se celebra o martes 16 de febreiro a partir das 17 horas no Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa, xa son públicas de xeito que o prazo de inscrición remata o próximo día 9.



Arrincan as obras de reurbanización da Rúa da Cruz Vermella en Arzúa

Sociedade 26/01/2010
  Envía a túa opinión

Hoxe deron comezo en Arzúa as obras de reurbanización da Rúa da Cruz Vermella en Arzúa, o vial situado ao carón do Xulgado, entre as rúas Padre Pardo e a Avenida de Lugo. O goberno municipal investirá 80.075 euros no acondicionamento desta rúa, que foi incluída para o seu financiamento no Plan de Obras e Servizos 2009, promovido pola Deputación Provincial da Coruña.



Arzúa inviste preto de 300.000 euros na construción do graderío do campo de fútbol de O Viso

Institucional 25/01/2010
  Envía a túa opinión

A pasada semana deron comezo en Arzúa as obras de construción do novo graderío no campo de fútbol do complexo deportivo de O Viso. Nesta primeira fase que terá un custe de 262.573 euros, a empresa adxudicataria, Construcións Leonardo Miguélez, xa procedeu ao derrube das gradas existentes e construirá nos vindeiros seis meses a nova estrutura que nunha superficie de algo máis de 45 metros albergará as novas instalacións.



O músico de hard rock Adam Bomb subirá ao escenario do Pub Gatos de Melide

Sociedade 04/01/2010
  Envía a túa opinión

O guitarrista estadounidense Adam Bomb visita Galicia esta semana. Actuará no Pub Gatos de Melide o mércores, 6 de xaneiro, a partir da unha da madrugada. O músico conta cunha ampla discografía desde o ano 1981 e ten traballado con artistas da talla de Cliff Williams de AC/DC ou co baixista de Led Zeppelin John Paul Jones. Ademais, xunto ao seu grupo ten acompañado a grandes como WASP, Metal Church ou Metallica nalgunha das súas xiras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros