Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Francisco Jorquera e Guillerme Vázquez esta mañá

O BNG propón que a Xunta adquira a maioría de NCG banco

Sociedade 06/10/2011
  Envía a túa opinión

A primeira proposta que rexistrará o BNG no Congreso dos Deputados na vindeira lexislatura será unha proposición de lei para que o accionista principal de NovaCaixaGalicia banco sexa a Xunta de Galiza, acadando o 51% das accións do FROB para convertelo nun banco de maioría pública galega. O BNG propón que se merquen accións ao longo de 10 anos detraendo os fondos da redución do gasto corrente da Administración galegaIsto conseguiríase, tal e como detallou o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados e cabeza de lista pola Coruña, Francisco Jorquera, cun plan a dez anos nos que a Xunta mercaría títulos por valor de 1.350 millóns de euros.


Alberto Núñez Feijoo con Julio Gayoso e José Luís Méndez

Piden á fiscalía anticorrupción que actúe no caso de Novacaixagalicia

Sociedade 05/10/2011
  Envía a túa opinión

“É un mal momento para vender Novacaixagalicia” afirma o representante da CIG Banca Clodomiro Montero. O sindicato nacionalista reclama que, ao igual que se fixo con Loterías del Estado, se paralice o seu proceso de privatización á luz do escándalo das prexubilacións millonarias da cúpula directiva da entidade.


Novacaixagalicia queda cun peso do 7% no banco

O FROB toma o 93% de NCG e rebaixa á metade as previsións de Feijóo

Institucional 01/10/2011
  Envía a túa opinión

Xa coñecemos a valoración que o Banco de España fai de Novacaixagalicia, tan só o 7% da cantidade que figuraba nos libros que o presidente de NCG Banco, José María Castellano, levou ó organismo estatal. Polo tanto, a metade do previsto e anunciado polo presidente da Xunta, que asegurou que lle garantiran unha valoración do 15%. Isto supón, que o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) toma o 93% de Novacaixagalicia, inxectando 2.465 millóns de euros que necesita para alcanzar o 10% de capital principal. Esta achega de cartos públicos a varias entidades españolas, entre elas a galega, foi definida polo gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, como un “proceso satisfactorio”.


As “Miniaturas” de Entrecaixas

Sociedade 29/09/2011
  Envía a túa opinión

Nunca o folclore galego tivera unha interpretación tan orixinal e espectacular como a que lle dan os bailaríns e bailarinas de Entrecaixas, compañía de danza representada por dalleQlibras. “Miniaturas” constitúe unha fusión de baile tradicional con danza contemporánea ao son da música ao vivo interpretada por artistas de contrastada experiencia. O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros) acolle este espectáculo o vindeiro sábado, 1 de outubro, a partir das 20:30 horas.


A Virxe dos Milagres en procesión arredor da igrexa de Bandoxa

As catro mulleres de Bandoxa

Sociedade 27/09/2011
  Envía a túa opinión

As catro mulleres de Bandoxa. Catro mulleres colleron a comisión de festas de Bandoxa en Oza dos Ríos e puxéronse en marcha para organizar a romería dos Milagres. O domingo 25 de setembro do 2011 déronse cita nos arredores da capela milleiros de persoas, para presenciar a procesión coa santa e de fondo o repique das campás a ritmo de muiñeira. A orquestra Panamá levou ata alí o nome de Narón e arrufou unhas pezas do mediodia que soprenderon pola elevada concurrencia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros