Envía a túa opinión
As oito desta tarde comezará nos locais da Sociedade Agarimo de Sillobre (Fene A Coruña) unha nova edición da Xuntanza de Gaiteiros. O Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, Cántigas da Terra da Coruña e a banda de gaitas Airiños de Fene actuarán nesta xornada de exaltación da música tradicional.
Envía a túa opinión
“É un escándalo que se perxudique de novo a Galicia e a Ferrolterra co decreto do carbón” afirma o voceiro nacional do BNG Guillerme Vázquez. Para o dirixente nacionalista, as institucións europeas e o goberno central utilizan un doble raseiro de medir á hora de lexislar sobre a problemática do carbón e da produción de electricidade. O BNG non vai aceptar un novo castigo para comarcas xa depauperadas.
Envía a túa opinión
O presidente da Asociación de Amigos do Ferrocarril, Manuel Del Rio, falou en Radio Fene esta mañán dos preparativos da conmemoración do centenario da liña de ferrocarril Betanzos- Ferrol, inaugurada en 1913. Quedan algo máis de dous anos para a efeméride e os concellos de Betanzos, Ferrol, os que quedan no medio e a propia asociación Amigos do Ferrocarril de Ferrolterra, reúnense o próximo martes 5 de outubro na cidade departamental para seguir aportando ideas e para aprobar a memoria económica dos actos previstos.
Envía a túa opinión
Un accidente laboral acabou coa vida do tripulante dun remolcador esta tarde nas inmediacións do porto exterior de Ferrol. Segundo as primeiras informacións, unha peza do buque saiu despedida tras engancharse no cabo co que se realizaba a manobra. Impactou no empregado e lle ocasionou a morte no acto.
Envía a túa opinión
Caixa Galicia saca o seu programa de envellecemento activo dos centros de maiores. Por primeira vez no noso país son máis os maiores de 65 que os menores de 14 anos. Caixa Galicia e o Centro Comercial Dolce Vita Odeón organizaron un completo programa de actividades para celebrar durante o mes de outubro o Mes dos Avos, co obxectivo de impulsar un espazo para a comunicación e o lecer interxeracional.