Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da programación

Conta atrás para o Verán Cultural de Ordes 2010

Sociedade 09/07/2010
  Envía a túa opinión

Cine ao ar libre, danza, teatro, música, clown, maxia, malabares, humor, marionetas, títeres e circo son algunas das modalidades de lecer programadas no Verán Cultural de Ordes 2010. As actividades, que se desenvolven na alameda ordense, arrincan o vindeiro martes 13 de xullo, ás dez e media da noite, coa proxección de “Mi monstruo y yo”. En caso de choiva ou mal tempo os espectáculos trasladaranse á Casa da Cultura. 


José Villasenín xunto ao alcalde de Ordes

Un ordense residente na Arxentina recibido polo alcalde

Sociedade 08/07/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibía onte na Casa do Concello a visita dun veciño do municipio residente no exterior. Trátase de José Villasenín, ordense de nacemento e residente na Arxentina, que está a pasar uns días de vacacións no municipio.


Momento da charla

Unha boa protección solar para unha maior e mellor calidade de vida

Sociedade 07/07/2010
  Envía a túa opinión

Arredor dunha trintena de persoas participaron onte nunha charla coloquio organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, e enmarcada dentro dunha campaña de protección solar que leva por título "A túa pel non ten recambio, sabes cómo protexela do sol?".


Iria Martínez recibe un agasallo de man do alcalde

Iria Martínez, mellor expediente académico deste curso en Ordes

Sociedade 07/07/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá na Casa do Concello a Iria Martínez Mirás, unha alumna do IES Nº1 que conta co mellor expediente académico do municipio trás os exames de selectividade. Concretamente un 9,47 de media, a mellor de todos os alumnos ordenses. O alcalde, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, quixo felicitar a esta alumna polos seus logros académicos, mostrando a súa satisfacción porque os alumnos e alumnas do municipio sexan un referente a nivel educacional, así como lle entregou un agasallo do Concello.


Acto de entrega dos diplomas

Entrega dos diplomas aos participantes no curso de graduado en ESO para adultos celebrado en Ordes

Sociedade 01/07/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silviar Marín, facía entrega onte pola tarde dos diplomas do curso de graduado en ESO para adultos que se celebrou no municipio e que estivo promovido pola Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade e subvencionado pola Xunta de Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros