Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Iglesias, Bao e Carreira na visita ás obras da piscina

A piscina climatiza de A Pastoriza estará lista para comezos do 2011

Sociedade 23/06/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A piscina cuberta de A Pastoriza estará lista para comezos do 2011 e dará servizo a concellos limítrofes como Castro de Rei, Pontenova, Meira ou Cospeito, segundo anunciou o vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo e responsable da súa área de Cultura e Deportes, o nacionalista Antón Bao. O mandatario provincial revisou o estado actual das obras desta infraestrutura, que se atopa na súa fase de desterre, acompañado polo alcalde da vila, Primitivo Iglesias, e a primeira tenente de alcalde, Elva Carreira.


Imaxe dun dos cursos da USC en Guitiriz o ano pasado

A Casa Habanera de Guitiriz acollerá dous cursos dos Campus de Verán da USC

Sociedade 22/06/2010
  Envía a túa opinión

A USC levará a cabo unha nova edición do seu Campus de Verán en Guitiriz ofertando dous cursos nos que se tocarán aspectos como a relación entre as paisaxes naturais e os culturais e as diferentes estratexias de xestión da auga no marco xeográfico galego. A Casa Habanera será o espazo onde se imparta esta formación que terá lugar entre o 21 e o 23 de xullo o primeiro e o 7 e 8 de setembro o segundo.


Antonio Veiga entrega o trofeo de Campión ao capitán do Chantada ante a mirda da alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín

A SD Chantada faise coa XXVII Copa Deputación de Fútbol celebrada en Guitiriz ao imporse ao Santaballés pola mínima

Deportes 21/06/2010
  Envía a túa opinión

O Campo municipal de fútbol de Guitiriz acolleu, o domingo 20 de xuño, as finais de 1ª autonómica e Preferente da XXVII Copa Deputación de Lugo de Fútbol, ademais da feminina. Foi o delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, o encargado de entregar o trofeo aos equipos campións destas dúas categorías, o Friol, que arrasou ao Milagrosa por un contundente 10-0; e o Chantada, que gañou ao Santaballés por 1-0 nun partido moi igualado.


As rúas de Guitiriz recibirán unha achega da Deputación para mnellorar as súas infraestruturas

A Deputación avanza na achega de 735.000 euros para o arranxo das rúas Deputación e do Mercado en Guitiriz

Institucional 18/06/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou hoxe, venres 18 de xuño, a contratación da obra de mellora e dotación de servizos nas rúas Deputación e do Mercado na vila chairega de Guitiriz por valor de 735.000 euros. Estas rúas, que na actualidade presentan importantes deficiencias, sitúanse no treito da estrada provincial que atravesa o núcleo urbano e constitúen o principal acceso de Guitiriz á A-6.


Cartel da presentación

O IESCHA presenta hoxe o Proxecto da Casa Manuel María en Vilalba

Cultura 18/06/2010
  Envía a túa opinión

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) presentará o proxecto de Casa Museo Manuel María hoxe a partir das 20.30 horas no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, e no que participa a área de Cultura da Deputación de Lugo, dirixida polo nacionalista Antón Bao. No acto intervirán Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Alberte Ansede, secretario desa Fundación e Manuel Roca Cendán, directivo do IESCHA.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros