Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A asociación 8 notas convoca o certame

A gravación dun disco, premio do concurso de maquetas do Carballiño

Cultura 03/04/2010
  Envía a túa opinión

Grupos musicais de Galicia de calquera estilo poden participar no I concurso de maquetas convocado pola asociación 8 notas do Carballiño (Ourense). O primeiro premio consistirá na gravación dun disco nos estudios de Mafia Records, mentres que o segundo e o terceiro serán en metálico, de 700 e 500 euros. Ademais haberá un premio especial de 300 euros para o mellor grupo da comarca do Carballiño.


A Semana Santa de Allariz vén cargada de actividades de lecer para todas as idades

Sociedade 26/03/2010
  Envía a túa opinión

As persoas responsables da área de promoción económica do Concello de Allariz presentaron na Cámara de Comercio ourensá a programación da Semana Santa ao Vivo, unha proposta cultural e de lecer que nace no ano 2.000 e que se celebrará entre o 1 e o catro de abril con importantes novidades.


O equipo alevín de baloncesto participa no torneo internacional de Minibasquet

Deportes 25/03/2010
  Envía a túa opinión

O Clube de Baloncesto Allariz participará na oitava edición do Torneo Internacional de Minibasket que se celebrará esta fin de semana en Valença do Minho. O equipo alevín mixto, convidado para participar neste encontro, viaxará ata a cidade portuguesa para xogar o sábado 27 ás 12:00h.


Allariz eliminará barreiras arquitectónicas da principal vía de comunicación da vila

Institucional 24/03/2010
  Envía a túa opinión

A Rúa Emilia Pardo Bazán vai ser sometida a unha serie de obras que culminarán coa eliminación de calquera barreira arquitectónica e que serán presentadas o venres, no salón de actos do Fogar do Maior,  a partir das once e media. Ademais, haberá unha segunda presentación aberta a toda a veciñanza, o sábado, partir das sete da tarde, na Estación de Autobuses.


A Casa da Mocidade de Allariz organiza un día de rafting polo río Ulla

Sociedade 23/03/2010
  Envía a túa opinión

O vindeiro 17 de abril, por un prezo de 25 euros, os mozos e mozas alaricanos poderán viaxar ata o río Ulla para practicar rafting polo seu caudal. Trátase dunha actividade organizada pola Casa da Mocidade e o prazo de inscrición remata o 9 de abril.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros