Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Manuel e María Lorenzo, pai e filla, recollendo o Premio Xerais

A cultura indignada e a ovación a Marcos Calveiro

Sociedade 10/06/2012
  Envía a túa opinión

O ambiente de indignación cos poderes públicos respirábase na illa de San Simón no transcurso do acto da entrega dos Premios Xerais de novela. "As políticas de leitura en Galicia son case inexistentes" afirmou o director de Xerais Manuel Bragado, quen tamén botou mán da ironía para indicar que coñeceu "tempos mellores". Pero iso foi só a guinda dun "pastel" que antes foran "cociñando" Marcos Calveiro, Manuel Lorenzo e Marilar Aleixandre.


Maria e Manuel Lorenzo na illa de San Simón

María e Manuel Lorenzo gañan o Premio Xerais 2012

Cultura 09/06/2012
  Envía a túa opinión

María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleirón (pai e filla) lograron o Premio Xerais de novela coa obra Tonas de laranxa presentada baixo o lema "Pouso de Arcai". O lírico, o onírico e o simbólico conxúganse nun libro moi pulido que recrea un espazo imaxinario con persoaxes curiosos, fabulosos e entrañabeis, segundo salientou o xurado. O poeta Eusebio Lorenzo inspirounos para realizar esta obra, afirmou o escritor galardonado, irmán do literato falecido en 1986 e que da nome ao premio poético convocado polo Concello de Dodro. Marcos Calveiro alzouse co premio Merlín de literatura infantil.


A Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común mobilizarase o 9 de xuño

Os comuneiros manifestaranse contra a nova Lei de Montes

Sociedade 03/06/2012
  Envía a túa opinión

A Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común convocou a comuneiros de toda Galicia a manifestarse o próximo 9 de xuño en Santiago en contra da nova Lei de Montes. Contan co apoio de Amigos da Terra, a CIG, a Federación Rural Galega ou Adega, entre outros. Os obxectivos da mobilización son lograr o recoñecemento dos montes veciñais como titularidade comunitaria, que a nova Lei de Montes que está en fase de tramitación pola Xunta os protexa e non os usurpe, e que permita un monte multifuncional e sustentable.


Juan Díaz Arnau, director xeral de Novagalicia Banco

Novagalicia Banco traballa nun plan para continuar en solitario

Sociedade 26/05/2012
  Envía a túa opinión

O proxecto que Novagalicia Banco lle presentará o 11 de xuño ao Banco de España será un proxecto independente, autónomo e galego. Así o reitera o director xeral da entidade, Juan Díaz Arnau, tras saberse que o Goberno podería optar por crear un gran banco público con Bankia, Catalunya Caixa e Novagalicia. A entidade galega contempla a posibilidade de pedir unha nova inxección do Estado, pero sobre esa proposta -din- nin teñen noticias nin está incluída no decreto da reforma financeira nin, polo tanto, entra nos seus plans.


Jorquera con representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo

F. Jorquera: “Os recortes en sanidade e educación son un ataque ao autogoberno”

Sociedade 20/05/2012
  Envía a túa opinión

“O xoves foi un día de loito para as políticas sociais e os servizos públicos”, asegura o candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, respecto dos decretos aprobados no Congreso dos Deputados e aos acordos adoptados no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF). O deputado nacionalista afirmou que “os recortes non só son antisociais, senón que tamén agravarán a recesión da economía galega, xa máis profunda que a española”. Para Jorquera, o Goberno do Estado atenta contra o principio básico de que a sanidade pública debe ter un carácter “gratuito e universal”.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros