Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Pavillón Municipal da Barraña

Apróbase a normativa de uso das instalacións deportivas de Barraña (Boiro)

Sociedade 08/10/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro vén de aprobar a normativa pola que, a partir do vindeiro día 18 de outubro, rexerá o uso das pistas deportivas de Barraña, inauguradas a principios do mes de agosto. A Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, manifestou que a normativa é unha ferramenta que permitirá “que as pistas poidan ser utilizadas polo maior número de usuarios posible e nas condicións máis óptimas que sexa posible”. Cabe sinalar que a pista que está a rexistrar unha maior demanda é a de tenis, e que a normativa foi consensuada co Club de Tenis local.


O curso diríxese a profesionais vencellados á xerontoloxía

Curso de atención sociosanitaria a enfermos de Alzhéimer en Boiro

Sociedade 08/10/2010
  Envía a túa opinión

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro vai organizar un curso de Atención sociosanitaria a enfermos de Alzhéimer. Diríxese aos profesionais que traballan, ou teñen pensado traballar, en programas relacionados coa xerontoloxía. O obxectivo principal do curso é o de ensinar aos participantes a aplicación das técnicas e os coidados auxiliares de enfermería segundo as necesidades biolóxicas, psicolóxicas e sociais que o maior sofre na enfermidade do Alzhéimer nos diferentes ámbitos de atención.


As tapas inscritas terán que ter o mexillón como ingrediente

Concurso de tapas con mexillón de Boiro

Sociedade 07/10/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro, dentro do seu plan de desestacionalización turística centrada no mexillón, vén de convocar o Concurso de Tapas con Mexillón de Boiro, que terá lugar entre os días 28 e 30 de outubro. Unha iniciativa na que están convidados a participar tódolos locais hostaleiros do concello e coa que se pretender dar unha maior visibilidade non só aos produtos locais, senón tamén á oferta hostaleira local.


Acto de presentación do Parador de Muxía no CGAC en Santiago de Compostela

O Parador de Muxía será cómplice do entorno natural

Sociedade 20/09/2010
  Envía a túa opinión

Un dos proxectos máis ambiciosos e dinámicos que ten por diante a Costa da Morte, e por extensión, Galicia enteira, así é como se presentou o proxecto do Parador de Turismo de Muxía. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentouno esta mañá no CGAC en Santiago de Compostela, acompañado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, o subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pose, o alcalde do Concello de Muxía, Félix Porto e o arquitecto Alfonso Penela.


A Pobra do Caramiñal acolle a estrea de “Empatía”, a curta máis experimental de Carlos Seijo

Cultura 17/09/2010
  Envía a túa opinión

A Praza do Cantón de A Pobra do Caramiñal acolle, a partir das dez desta noite, a estrea da curtametraxe Empatía, do director Carlos Seijo e producida por Mr. Misto Films. A cinta, de corte experimental, narra a historia daqueles psicópatas que asasinan e que, ademais, non son capaces de pórse no lugar das súas vítimas, razón pola que matan. Segundo comentou Seijo en Radiofusión, trátase dunha “historia plástica, de ritmo visual e cinematográfico e contada e xeito abstracto”. O protagonista é un asasino e a historia desenvólvese no traxecto que vai desde que mata a un home negro ata que remata nun bar de estrada.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros