Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A Virxe dos Milagres en procesión arredor da igrexa de Bandoxa

As catro mulleres de Bandoxa

Sociedade 27/09/2011
  Envía a túa opinión

As catro mulleres de Bandoxa. Catro mulleres colleron a comisión de festas de Bandoxa en Oza dos Ríos e puxéronse en marcha para organizar a romería dos Milagres. O domingo 25 de setembro do 2011 déronse cita nos arredores da capela milleiros de persoas, para presenciar a procesión coa santa e de fondo o repique das campás a ritmo de muiñeira. A orquestra Panamá levou ata alí o nome de Narón e arrufou unhas pezas do mediodia que soprenderon pola elevada concurrencia.


Ponte da Pasaxe entre Oleiros e A Coruña

Un incendio nun autobús escolar obriga a reubicar a 30 alumnos na Coruña

Sociedade 21/09/2011
  Envía a túa opinión

Un autobús de transporte escolar que facía a súa ruta na cidade da Coruña rexistrou este mércores un incendio, o que obrigou a recolocar noutro autocar aos 30 alumnos que transportaba, que resultaron ilesos, e cortou un carril de circulación de saída da cidade. Segundo informou a Policía Local, o incendio orixinouse sobre as 8.30 horas da mañá, cando, por causas que aínda se descoñecen, o autobús, que transportaba a 30 alumnos ao colexio dos Maristas, comezou a arder.


Refraneiro Galego compila preto de 10.000 ditos populares

A sabedoría popular chega aos móbiles

Sociedade 18/09/2011
  Envía a túa opinión

Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro. Disposta a comprobar a exactitude deste dito, Pilar Mera decidiu compilar case 10.000 refráns e poñelos a disposición de aqueles que usen trebellos como o iPhone, o iPod ou o iPad. O resultado dese esforzo de unir o patrimonio oral e as novas tecnoloxías chámase Refraneiro Galego e xa se pode mercar na tenda de Apple ou consultar, na súa visión reducida, na rede.  


A vaca Rosiña chega este martes 6 de setembro a Betanzos

Rosiña chega a Betanzos

Sociedade 05/09/2011
  Envía a túa opinión

Rosiña e 89 vacas máis producen leite na granxa O Cancelo en Bemantes (Miño A Coruña). Véndese o leite en maquinas dispensadoras nos mercados da Praza das Conchiñas e de San Agustín na Coruña e desde mañá martes na Praza de Galicia en Betanzos. É leite pasteurizado con todas as garantías sanitarias pero tamén conservando o sabor e as propiedades do leite de antes. Débese consumir antes de 7 dias, este leite de verdade.


Vista da ría do Burgo (Culleredo A Coruña)

Verten 37.000 litros de queroseno á ría do Burgo

Sociedade 02/09/2011
  Envía a túa opinión

Un camión cisterna causou esta noite unha vertedura duns 37.000 litros de queroseno que afectaron á rede de pluviais do municipio coruñés de Culleredo e alcanzaron a Ría do Burgo, onde efectivos de emerxencias tratan agora de contelo. Segundo explicou a Central de Emerxencias 112-Galicia, a voz de alarma deuse ao redor das 8.11 horas deste venres, cando o condutor do camión cisterna decatouse de que o depósito, duns 37.000 litros, abriuse e vertera o seu contido no lugar no que estaba estacionado, nunha área de servizo da AP-9 en Culleredo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros