Envía a túa opinión
Un total de 9 hectáreas arderon nas proximidades das zonas militares de Mougá. O lume orixinouse ó redor das dúas e media da tarde e non se logrou extinguir ata pasadas as 9 da noite. No lugar do lume, quedou un equipo durante boa parte da noite para evitar que o lume se puidese reactivar, tendo en conta as elevadas temperaturas nocturnas. Para loitar contra este lume, desprazáronse ata a zona un equipo de bombeiros de Ferrol e tamén os equipos de extinción da Xunta de Galicia. O Arsenal militar tamén colaborou na extinción do lume, enviando ata o lugar do suceso a un equipo de axuda, composto por varios bombeiros e unha motobomba. Ata o lugar tamén se desprazou un helicóptero da Xunta, que colaborou nas tarefas de extinción.
Envía a túa opinión
"Se lle doe a cabeza, marque o 1, se ten gripe, prema o 2, con outra enfermidade, espere,...". Parece ridículo pero os teléfonos dos Centros de Saúde de Galicia poderán responder así a partir do vindeiro ano. A Xunta ven de publicar a licitación da atención telefónica sanitaria. Gastará caseque 2 millóns de euros ao ano (1.950.000) en privatizar esta función do Servizo Galego de Saude. A licitación, publicada onte no Diario Oficial de Galicia, pretende centralizar todos os teléfonos de atención médica existente na actualidade. Poñerán un atendedor automático para os pacientes que chamen querendo concertar unha cita na atención médica primaria.
Envía a túa opinión
O 17 e 18 de setembro chega o Fenerock a San Valentín. Na cita deste ano converxen varios grupos formados na comarca de Ferrol. Un deles é Innsbruck, un grupo fenés que tocará no paseo marítimo de San Valentín o primeiro dia do Fenerock, o venres 17. No bastará é o tema que da título ao seu videoclip gravado en Pontevedra o pasado inverno. O Fenerock dános a oportunidade de escolitar o seu directo despois dun ano.
3 comentario/s - Envía a túa opinión
Disque dende os anos oitenta xeneralizáronse as churrasquerías en cidades, vilas e estradas de Galicia. A carne á grella conectou ben coa persoalidade galega e hoxe non hai festa que se precie que non conte cun bo posto de churrasco. A Festa do Cabalo de Magalofes non ia ser menos.
Envía a túa opinión
Outubro de 1936 foi un mes clave nas relacións entre a Igrexa e o franquismo. Nese período as forzas sublevadas fusilan a un total de 17 sacerdotes (1 en Galicia e 16 no Pais Vasco). O primeiro paseo realízase o 3 de outubro en Barallobre (Fene) e o último o 28 do mesmo mes en Elgoibar.A xerarquia eclesiastica protesta e Franco comprométese a suprimir os fusilamentos de curas que se opoñían ao golpe de estado, defendían o réxime legalmente establecido.