Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Iria Martínez recibe un agasallo de man do alcalde

Iria Martínez, mellor expediente académico deste curso en Ordes

Sociedade 07/07/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá na Casa do Concello a Iria Martínez Mirás, unha alumna do IES Nº1 que conta co mellor expediente académico do municipio trás os exames de selectividade. Concretamente un 9,47 de media, a mellor de todos os alumnos ordenses. O alcalde, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, quixo felicitar a esta alumna polos seus logros académicos, mostrando a súa satisfacción porque os alumnos e alumnas do municipio sexan un referente a nivel educacional, así como lle entregou un agasallo do Concello.


Acto de entrega dos diplomas

Entrega dos diplomas aos participantes no curso de graduado en ESO para adultos celebrado en Ordes

Sociedade 01/07/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silviar Marín, facía entrega onte pola tarde dos diplomas do curso de graduado en ESO para adultos que se celebrou no municipio e que estivo promovido pola Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade e subvencionado pola Xunta de Galicia.


Imaxe do primeiro día da escola

Perto dun cento de rapaces e rapazas ordenses participan dende hoxe na Escola de Verán

Sociedade 01/07/2010
  Envía a túa opinión

Un ano máis o Concello de Ordes puxo en marcha unha nova edición da Escola de Verán durante as vacacións estivais. Trátase dunha iniciativa que leva a cabo a Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe a concelleira Silvia Marín, e que como en anteriores ocasións, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses durante os meses de verán. Unha iniciativa que o Concello leva a cabo tamén noutras tempadas de vacacións escolares como o Nadal e a Semana Santa, e que conta edición tras edición, cun gran éxito.


Momento da charla

O Voluntariado Verde do Concello de Ordes analiza as características do río Cabrón

Sociedade 30/06/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha ducia de voluntarios do programa Voluntariado Verde, que promove por segundo ano consecutivo o Concello de Ordes, deron comenzo esta mañá ás súas actividades. Nesta ocasión os voluntarios ordenses recibiron unha charla por parte dun representante da asociación ecoloxista Adega, quen explicou aos participantes cuestións relativas ao “Proxecto Ríos”, que leva a cabo dita asociación, e que ten como obxectivo a preservación dos ríos galegos, e do que serán ademais partícipes os voluntarios do Voluntariado Verde do Concello de Ordes.


O pleno de Ordes reunido esta mañá

Novo regulamento de honores e distincións do Concello de Ordes

Institucional 29/06/2010
  Envía a túa opinión

O pleno da Corporación Local do Concello de Ordes reuniuse esta mañá para celebrar a sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño. Unha sesión na que, entre outras cuestións, aprobouse por unanimidade o novo regulamento de honores e distincións do Concello de Ordes. Segundo o edil de Réxime Interior, Persoal e Comunicación, Manuel Astray, “procedeuse á elaboración deste novo regulamento ao advertir, con motivo do nomeamento de Fillo Predilecto a Ramón Carro, que o anterior regulamento quedaba totalmente obsoleto, ao tratarse dun documento que incluso databa de antes da Constitución”. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros