Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Escultura kinética

A vertente artística da reciclaxe

Cultura 16/04/2010
  Envía a túa opinión

Reciclar os residuos das estruturas eólicas para convertelos en arte para obter figuras e pezas de distintas formas constitúe o contido da mostra de escultura Kinética “Reciclado de pintura e escultura”. A creadora destas fermosas e peculiares obras é a socia de Kinetika Innovacións Estruturais, a ourensá Marina Castro. A exposición pódese visitar nas instalacións da empresa no parque tecnolóxico Tecnópole no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. 


Allariz celebra a Festa dos Maios

Sociedade 15/04/2010
  Envía a túa opinión

O vindeiro 30 de abril celebrase en Allariz a tradicional Festa dos Maios na que participan os nen@s do Colexio Padre Feijóo e os mozo@s do Instituto de Allariz, así como os maiores do Fogar do Maior. O programa de actos inclúe ás 11:30h o pasarrúas dos Maios ata o Campo da Barreira. Os alumn@s do Colexio Padre Feijóo e o Instituto de Allariz continuarán pola rúa do Portelo ata a Praza Maior, onde quedarán expostos. O percorrido estará acompañado polo Grupo de Gaitas do Centro Socio-comunitario de Xinzo de Limia e da Escola de Danza de Allariz.



Hoxe remata o prazo de inscrición no Duatlón Cross Vila de Allariz 2010

Deportes 13/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz, a través da Concellería de Deportes, e coa colaboración da Federación Galega de Triatlón, organiza o Duatlon Cross Vila de Allariz 2010, unha proba que terá lugar o vindeiro 18 de abril e que puntuará para o campionato galego. O evento deportivo comezará na Cidade Deportiva do Seixo a partir das 11:30h, hora na cal os/as participantes deberán correr por un circuíto de 2,34km e pedalear enriba da bicicleta durante 8 km.



Allariz recibiu unhas catro mil persoas na Semana Santa

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

A Oficina de Información Turística de Allariz fixo reconto estes días das persoas que visitaron a vila durante as vacacións de semana santa, resultando un balance total, segundo os seus datos, de entre 3.600 e 4.000 persoas.


O Volter e a Taberna O Tucho serán homenaxeados este venres en Ourense

Sociedade 08/04/2010
  Envía a túa opinión

Os actos incluirán un roteiro que sairá do Mural de Faílde no Pavillón dos Deportes, unha lectura de poemas con música no Eirociño dos Cabaleiros e unha tertulia con viño de irmandade no Liceo de Ourense.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros