Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Os facultativos reivindican que o sistema sanitario siga sendo público

Os médicos galegos informarán aos pacientes das consecuencias dos recortes na sanidade

Sociedade 13/05/2012
  Envía a túa opinión

Médicos da sanidade pública galega integrados na Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM Galicia) e en Médicos de Galicia Independentes (OMEGA) aseguraron hoxe que non van cruzarse de brazos e tolerar que se continúan cernando os seus dereitos profesionais. O presidente de CESM Galicia, Cándido Andión, declarou que a sanidade pública galega está sometida a progresivos recortes de todo tipo, que están a levar a un incremento das listas de espera e á masificación das consultas. O sanitario lembrou que a taxa de reposición na Sanidade Pública permite a contratación dun médico por cada dez que se xubilan, cifra que cualificou de “indignante”, se se ten en conta en España hai 166.000 médicos e 446.000 políticos ou 154.000 policías.


Primeiro de maio do 2011 en Ferrol

Máis recortes aos funcionarios e peaxes nas autovías

Sociedade 01/05/2012
  Envía a túa opinión

O anuncio de novos recortes marca a data do primeiro de maio, Dia Internacional da clase traballadora. O goberno adiantou que baralla reducir o salario dos funcionarios en caso de baixa. Tamén estuda a implantación de peaxes nas autovías. Contra a reforma laboral e por un emprego digno, convocan manifestacións en toda Galicia a Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras e UXT.


A CIG oponse aos recortes en educación

Piden a dimisión do conselleiro de Educación “por pregarse aos mandatos de Madrid”

Sociedade 29/04/2012
  Envía a túa opinión

Na reunión da Mesa Sectorial Docente Non Universitaria a CIG-Ensino esixiulle á Consellería de Educación que exerza as competencias que lle corresponde e en consecuencia que non aplique en Galicia o Real Decreto 14/2012. A CIG-Ensino intentou sacarlle ao conselleiro, Jesús Vázquez, o compromiso de non executar máis recortes e trasladoulle que “por dignidade e responsabilidade non lle queda máis remedio que recorrer o Real Decreto por vulnerar as competencias en materia educativa da Xunta “. Asemade, o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou a “complicidade co Goberno central” coa que está actuando o conselleiro, con total submisión aos mandatos do PP e non en defensa do ensino público. “Estamos ante un verdadeiro atentado ao ensino público que vai supor maiores recortes e que se ven sumar as medidas cos as que se golpeou ao ensino duramente durante estes anos”, dixo.


A CIG convoca mobilizacións coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora

1º de maio de 2012: Por emprego digno

Sociedade 22/04/2012
  Envía a túa opinión

A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora. Desde a central nacionalista aseguran que afrontamos o primeiro de maio sumidos nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira, segundo aseguran desde o sindciato. Contra isto, a CIG chama aos empregados galegos a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras “que se nos están a impoñer”.



“Os fillos do mar” está a ter moi boa acollida na súas primeiras semanas á venda

Pedro Feijoo: “Escribín a novela que desexaba como lector”

Cultura 14/04/2012
  Envía a túa opinión

Con mirada de lector, máis que de escritor, afrontou Pedro Feijoo o reto de dar forma a súa primeira novela, Os fillos do mar. “Quería conseguir un deses textos que te chaman a berros pola noite para que te metas na cama con el”, explica o ex integrante de Lamatumbá, quen decidiu botar man dunha linguaxe directa e clara, un ritmo alto e doses de humor. Atendendo as boas cifras de vendas que esta obra editada por Xerais está a conseguir nas súas primeiras semanas nas librarías, semella que Feijoo acadou o seu obxectivo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros