Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O Concello de Arzúa ultima os preparativos da Feira de Capóns e da Galiña Piñeira

Sociedade 03/12/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa ten previsto organizar unha nova edición da súa tradicional Feira de Capóns de Nadal e promoción da Galiña Piñeira que se celebrará o vindeiro día 22 de decembro, coincidindo cun dos días tradicionais de feira. A Feira de Capóns de Arzúa celébrase no municipio dende tempos inmemoriais, se ben nos últimos anos o goberno municipal tenlle dado un impulso mediante o deseño de campañas divulgativas do evento coa finalidade de revalorizar este produto típico das Festas do Nadal.

 


O colectivo demanda igualdade real

Igualdade para a discapacidade

Sociedade 03/12/2009
  Envía a túa opinión

“Queremos estar presentes na sociedade”. Con estas palabras resumiu Anxo Queiruga, presidente do Colectivo Galego de Minusválidos, os desexos dun grupo que, a pesares do que se esta a facer, ten que convivir a diario con multitude de desigualdades. Hoxe, día no que se conmemora o Día Mundial da Discapacidade, queren alzar a súa voz e piden dunha vez por todas verse liberados das restriccións que lles impón un entorno reticente e moitas veces adverso.


Fotografia de Manuel Gago do interior do castelo de Pambre (Palas de Rei)

Fomento colaborará na adquisición do castelo de Pambre

Sociedade 21/11/2009
  Envía a túa opinión

O ministro de Fomento José Blanco amosouse receptivo diante da posibilidade de colaborar na adquisición do castelo de Pambre, tras a morte do seu propietario, o conde de Borraxeiros. Manifestouno así o alcalde accidental de Palas de Rei Pablo Taboada tras entrevistarse co membro do goberno central, natural deste municipio de Lugo. A colaboración do executivo podería vir a través do denominado 1% cultural.


Cartaz do concerto

As ilusións, eixo do disco “Añicos” de Luter

Sociedade 08/11/2009
  Envía a túa opinión

“Todos tenemos ilusiones que amenazan con echar un remiendo...” Esta é unha das frases coas que comeza un tema do disco de Luter “Añicos”, que representa un sentimento moi común en todos os seres humanos. A ilusión non hai que enchela de parches ni forzala, o lóxico é deixala libre. Desta idea xurde este  novo proxecto de nome homónimo, Luter , darlle dirección e sentido a casi toda unha vida chea de inquietudes. A banda actúa o sábado 14 de novembro no Pub Gatos de Melide ás doce da noite.


Roberto Varela xunto aos alcaldes dos concellos do Camiño Francés

Os concellos galegos do Camiño Francés solicitan a Cultura melloras na ruta e nos albergues

Institucional 02/11/2009
  Envía a túa opinión

O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, foi recibido esta mañá polo alcalde de Arzúa e Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, Xaquín García, na casa consistorial do municipio coa finalidade de manter unha xuntanza preparatoria do incipiente Xacobeo 2010. No encontro estiveron presentes os alcaldes, alcaldesas e representantes de cada un dos once concellos que conforman a Mancomunidade, que expuxeron ante o representante autonómico o seu parecer sobre o estado do Camiño Francés e as necesidades máis perentorias de cara a afrontar un próximo ano no que se prevé unha afluencia masiva de peregrinos aos que cómpre ofrecer os mellores servizos e coa máxima calidade.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros