Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

María Xosé Silvar Sés

Admirando a condición de María Xosé Silvar

Sociedade 27/08/2011
  Envía a túa opinión

María Xosé Silvar Ses actua este domingo na Feira do Libro de Carballo. Presentará alí o seu último traballo “Admirando a condición”. Acudirá en formato acústico acompañado do guitarrista Tito José Calviño.


Ana Luísa Bouza (Arquivo Radiofusión)

A consellería de Sanidade é improductiva, segundo Ana Luísa Bouza

Institucional 25/08/2011
  Envía a túa opinión

A consellería de Sanidade é improductiva, segundo a deputada do BNG Ana Luisa Bouza. A parlamentaria denuncia o empeoramento trimestre a trimestre, das listas de espera cirurxicas, para consultas especializadas e ata para a atención primaria.


Xesús Seixo é secretario xeral da CIG

A CIG reclama máis presión fiscal sobre as grandes fortunas

Sociedade 24/08/2011
  Envía a túa opinión

A CIG cualifica como “altamente negativas” as medidas que pretende aprobar o Executivo no Consello de Ministros do próximo venres. Medidas que o secretario xeral, Suso Seixo, considera que van na liña do xa aprobado na reforma laboral e que pretenden unicamente “facilitar o despedimento, proporcionar ás empresas man de obra barata” e que denotan a “intencionalidade e a ideoloxía neoliberal do goberno”.


Concurso de música ao vivo da Sala the Star

200 euros por unha crónica

Cultura 18/08/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha orixinal proposta presenta para esta noite a sala Star de Carral. Convocan o Primeiro Certame de Xornalismo musical Querostar. Só hai que asistir ao concerto que principiará ás dez e media desta noite no local ou seguir a retransmisión por Internet, e escribir unha crónica sobre a a actuación.


Os cullerdenses Skarallaos actuarán no Castelo Music Festival

Skarallaos, Glasgow e Sinestesia no III Castelo Music Festival

Cultura 17/08/2011
  Envía a túa opinión

A parroquia de Castelo, en Culleredo, celebra este sábado a terceira edición do Castelo Music Festival, que organiza asociación cultural e deportiva Castelo Deporte. Unha cita que este ano aposta polo pequeno formato e as bandas locais. A polideportiva será o escenario polo que pasarán os cullerdenses Skarallaos coa súa proposta de ska e reggae; ademais do pop-rock indie de Glasgow e Sinestesia. O cartel complétano os picadiscos Arxen DJ e DJ Farmer. As actuacións, que serán gratuítas, comezarán ás dez e media da noite.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros