Envía a túa opinión
O 12 de agosto cúmprense 3 anos da morte en Megasa do xove de Fene Iván Arnoso López, de 24 anos. A súa familia acudirá mañá xoves ás 9 da mañá ás portas da empresa metalúrxica para depositar unha coroa de flores. Entretanto o xulgado continua a tomar declaracións sobre o accidente laboral.
Envía a túa opinión
Vinte anos cumpre a Festa do Cabalo de Magalofes en Fene (A Coruña). Celébrase o último domingo de agosto, o dia 29. De novo a campa das Queiras acollerá o que todos declaran como unha das mellores festas equinas da comarca e de Galicia.
Envía a túa opinión
A XXXII Mostra de Teatro de Cariño arrancou con espectáculos adicados ós máis pequenos. Hoxe e mañá os nenos e nenas terán un protagonismo especial, co obxectivo de facer chegar a todas as idades o mundo do teatro. A mostra continuará ata o 20 de agosto.
Envía a túa opinión
O Ferrolaneando ofrece a partir de mañá mércores 11 de agosto viaxes en vela pola ría de Ferrol. Os usuarios que queiran formar parte desta actividade poderán facelo a motor ou a vela. A actividade, organizada polo Concello de Ferrol, permite achegarse ata os castelos de San Felipe e da Palma, ó Arsenal Militar e ós estaleiros.
8 comentario/s - Envía a túa opinión
O Concello de Ferrol calcula que será a finais do mes que vén cando se remate a creación do documento sobre a reforma do Edificio Bambú Club, o edificio que servirá como modelo de referencia para a recuperación integral do barrio de Recimil. Unha vez presentado este documento comezará o proceso de licitación das obras, que se poderían executar nos primeiros meses do 2011. O Concelleiro de Urbanismo, Angel Mato, confirmou que o Concello reservou unha partida orzamentaria para a execución destra primeira fase de Recimil que ascende a 900.000 euros. O Bambú Club destinará os seus andares superiores a vivendas de alugueiros para mozos, mentres que os baixos poderían destinarse a servizos municipais.