Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Sesión de noites psicoeducativas do programa FARO

Xornada de despedida das noites psicoeducativas do programa Faro

Sociedade 22/06/2010
  Envía a túa opinión

Tras o éxito acadado polo ciclo de noites psicoeducativas enmarcadas dentro do programa municipal FARO de prevención de alcol, o Concello de Ordes decidiu celebrar un peche conxunto destas noites como broche final da actividade. Este sábado 26 de xuño terá lugar unha nova noite psicoeducativa, na que igual que nas anteriores, poderán participar, de maneira totalmente gratuíta, rapaces e rapazas de Ordes con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos e as súas familias, que nesta ocasión disfrutarán con diferentes actividades como baile latino, risoterapia e karaoke.


O prazo para inscribirse remata este venres 25 de xuño

Últimos días para inscribirse na Escola de Verán do Concello de Ordes

Sociedade 21/06/2010
  Envía a túa opinión

Este venres 25 de xuño remata o prazo de inscrición na Escola de Verán do Concello de Ordes. A Escola de Verán é unha iniciativa que leva a cabo a Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe a concelleira Silvia Marín, e que como en anteriores ocasións, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses durante os meses de verán. Unha iniciativa que o Concello leva a cabo tamén noutras tempadas de vacacións escolares como o Nadal e a Semana Santa, e que conta edición tras edición, cun gran éxito.


Revoltosa rock 2009

El último ke zierre no Revoltosa Rock 2010

Cultura 19/06/2010
  Envía a túa opinión

O campo de fútbol novo de Montaos en Ordes acollerá o próximo 2 de xullo o Revoltosa Rock 2010. Un festival, con entrada gratis, que está organizado pola Asociación Xuvenil A Revoltosa e conta coa colaboración do Concello de Ordes. Nesta ocasión serán catro os grupos que se suban ao escenario a partir das 22:30 horas, grupos de ámbito nacional como “El Último ke Zierre” de Castellón e “Skama la rede” de Asturias, e outros de ámbito local ou comarcal como “Amacheta” de Sigüeiro e os ordenses “A cona yeye”.


Momento da festa

A escola infantíl Sorrisos fixo festa

Sociedade 19/06/2010
  Envía a túa opinión

Chega o remate do curso escolar. Os máis pequenos e pequenas aproveitan o feito para festexar o remate da actividade pedagóxica e o comezo do tempo de lecer. Os pais e nais acompañaron aos máis xoves de Ordes nun dia importante para a Escola Sorrisos.


Obras no camiño de Coruxo en Barbeiros

Sociedade 18/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes levará a cabo unhas serie de obras na infraestrutura rural do municipio a través dun convenio asinado coa Consellería do Medio Rural da Xunta, enmarcado dentro do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural), tal e como confirmaron ao Concello dende a citada consellería no día de onte. A través deste convenio levaranse a cabo as obras de infraestrutura rural referentes ao camiño de Coruxo na parroquia de Barbeiros, o camiño de Barcula en Ardemil, o camiño do Souto en Beán, os camiños de Margarida e Canle en Buscás, os camiños en Casanova e en Castro na parroquia de Vilamaior e os camiños do Pereiro e o de Aneiro en Buscás.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros