Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 21 de Febreiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

A Sociedade A Venatoria retoma a limpeza das marxes do Eume

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

A Sociedade A Venatoria volveu poñerse á fronte dos traballos de limpeza das marxes do río Eume. A entidade convida a calquera que o desexe a colaborar neste labor de conservación completamente altruísta, e que dá continuidade á poda realizada a principios de ano nas zonas de couto das beiras fluviais.


Imaxe dun acto da Confederación estatal da Federacións de Viúvas

Máis de 300 viúvas debateron esta fin de semana sobre as súas reivindicacións comúns

Sociedade 20/04/2009
  Envía a túa opinión

Máis de trescentas mulleres viúvas, chegadas desde diferentes puntos de Galicia e pertencentes a catorce colectivos, tomaron esta fin de semana o Auditorio Municipal Alovi. Nese escenario celebrouse o XXXVI Congreso Rexional de Viúvas, que combinou a reflexión sobre as necesidades do colectivo cos actos lúdicos.


A partida destínase a recolocación dos operarios traballaban na mina de Endesa

As Pontes recibirá 200. 000 euros que tiña pendentes do Plan Experimental de Emprego

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

As Pontes vai recibir 200.000 euros que tiña pendentes do Plan Experimental de Emprego, logo de ter obtido a mesma cantidade da Consellería de Traballo, en base a un compromiso dunha achega de 400.000 euros. Xosé Montero, desde Radio Eume, infórmanos sobre este asunto.


Camión de primeira intervención das Pontes

O Grumir das Pontes ten garantida a súa continuidade durante o 2009

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

O Grupo Municipal de Invervención Rápida (Grumir) das Pontes vén de garantir a continuidade do seu servizo ata fin de ano. Este corpo de emerxencia finánciase a través dun convenio subscrito entre a Fegamp e as consellerías de Traballo, Presidencia e Medio Rural.

 


Mundo Cooperante por en marcha esta iniciativa

As Pontes amosará a súa cara máis solidaria cunha Barha Party

Sociedade 07/04/2009
  Envía a túa opinión

As Pontes acollerá, un ano máis, unha Barha Party. Trátase dunha festa solidaria, posta en marcha pola ONGD Mundo Cooperante, que se celebrará o 16 de maio, tal como informa Xosé Montero desde Radio Eume.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros