Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Fito actuará no recinto feiral de Pontevedra e en Expourense

Fito y Fitipaldis actúan en Ourense o vindeiro sábado 20

Cultura 11/03/2010
  Envía a túa opinión

Antes de que cuente 10 é o novo traballo co que o grupo de Bilbao vén de acadar o dobre disco de platino. Tralo seu exitoso paso pola Coruña e Vigo no pasado mes de novembro, recalan agora en Pontevedra e Ourense os vindeiros 19 e 20 de marzo.


Continúan as xornadas para a Igualdade entre homes e mulleres

Institucional 10/03/2010
  Envía a túa opinión

En Allariz continúan as sextas xornadas organizadas pola Concellaría de Benestar Social pola Igualdade de Xénero, que foron inauguradas o pasado luns con motivo da celebración do Día da Muller.

 


Allariz organiza as VI Xornadas para a Igualdade entre homes e mulleres

Institucional 03/03/2010
  Envía a túa opinión

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Allariz, a través da concellería de Benestar Social, organiza, un ano máis, as Xornadas de Igualdade centradas esta edición, segundo explicaba a concelleira Pilar Gallego, “nun aspecto concreto das relacións humanas reflexionando sobre igualdades e desigualdades en relación cunha variable que condiciona as nosas vidas como é o amor”. As Xornadas serán de novo unha homenaxe ás mulleres que participan nas actividades de formación e dinamización impartidas dende o Concello. Elas serán as protagonistas encargadas de inaugurar, o día 8, estas xornadas coa ponencia Que ten que ver o amor coa Igualdade, froito do traballo no que as mulleres rurais alaricanas reflexionaron “ata converterse en verdadeiras teóricas do amor”.



A Reserva da Biosfera Área de Allariz ofertará paquetes turísticos que dinamicen o medio rural

Sociedade 02/03/2010
  Envía a túa opinión

A Reserva da Biosfera Área de Allariz, integrada polos concellos de A Bola, Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, participa nun novo proxecto estatal cuxo obxectivo pasa por implicar a empresarios e comerciantes para a creación dunha marca de calidade baixo a cal se oferten paquetes turísticos ó mesmo tempo que se dinamice o medio rural.



Cartaz do Salón Galego de gastronomía e Turismo, “Xantar”

“O Xantar do Xacobeo”

Sociedade 02/03/2010
  Envía a túa opinión

Co fin de atraer turistas a Galicia xurde o Salón Galego de gastronomía e Turismo, “Xantar”. Unha feira que abre mañá a súa undécima edición nun ano especialmente relevante para o noso país coa celebración do Xacobeo 2010. Por este motivo os organizadores decidiron substituir, como viña sendo habitual, un país convidado pola promoción da calidade galega. Entre o 3 e o 7 de marzo, “Xantar” congregará a milleiros de persoas no recinto de Expourense transformandoo nun gran centro de restauración. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros