Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Piden compensacións económicas para os voluntarios do Prestige

Sociedade 30/08/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O deputado do BNG Bieito Lobeira leva á Cámara galega o recente estudo realizado polo 'American College Of Physicians' que revela danos xenéticos, respiratorios, neuronais e un maior risco de padecer cancro, naquelas persoas que desenvolveron labores de limpeza ou estiveron en contacto coa marea negra do ‘Prestige’. O informe publicado na revista 'Annals of Internal Mecicine' de “incuestionábel rigor”, afirma o deputado nacionalista nun comunicado, “é produto da avaliación de 7.500 persoas que participaron nos labores de limpeza” e coincide cos informes previos realizados polos investigadores galegos.


Naútico de Riveira

Un xove de 22 anos morre en accidente de tráfico en Riveira

Sociedade 28/08/2010
  Envía a túa opinión

Un xove morreu este mediodia ao colidir a motocicleta que conducía contra unha furgoneta na estrada AC 550 ao seu paso polo Concello de Riveira. O accidente tivo lugar contra as 12 da mañá á altura do Hospital do Barbanza.


Base de Qala-i-Naw, na provincia de Badghis

Un dos gardas civís mortos en Afganistan era de Vimianzo

Sociedade 25/08/2010
  Envía a túa opinión

Era natural de Vimianzo na Coruña un dos gardas civís mortos a primeiras horas desta mañá en Afganistan. Trátase de Abraham Leoncio Bravo Picallo, alférez de 34 anos de idade.


Busto do escritor e xornalista na casa do concello de Boiro

A Asociación Cultural Borobó nomea presidenta de honra á viuva do mestre de xornalistas

Sociedade 19/08/2010
  Envía a túa opinión

A asociación cultural  Borobó de Boiro, nomeará  esta  semana a Dona Carlota Paz Barreiro, viuva do xornalista  Raimundo García “Borobó”, como Presidenta de Honra da entidade. O acto celebrarase o vindeiro domingo, día 22 de agosto, ás oito da tarde no Centro Social do concello.


Imaxe dos participantes

Inaugurada a segunda fase das rutas cicloturísticas de Boiro, pioneira na comarca da Barbanza

Deportes 17/08/2010
  Envía a túa opinión

Arrincou a 2ª fase das rutas cicloturísticas do Concello de Boiro. No acto inaugural estiveron o Alcalde, Xosé Deira e a concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó. A saída estivo organizada por Daniel Ríos, que xuntou a un grupo de 50 afeccionados. Elixiron para a inauguración probar a Ruta Circular. Esta ruta é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. Esta ruta é circular, con inicio e fin na Praza de Galicia, é de 38.6 km. e ten un tempo estimado de percorrido de tres horas e media. Ao tratarse dunha ruta de cor negro (dificultade alta) convértese na máis apetecible para este tipo de ciclistas. A ruta chega ata Chans do Barbanza, pasando por lugares como Ponte Goiáns, Cadarnoxo, Moimenta, Macenda, Belles de Arriba e A Boliña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros