Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz do concerto

As ilusións, eixo do disco “Añicos” de Luter

Sociedade 08/11/2009
  Envía a túa opinión

“Todos tenemos ilusiones que amenazan con echar un remiendo...” Esta é unha das frases coas que comeza un tema do disco de Luter “Añicos”, que representa un sentimento moi común en todos os seres humanos. A ilusión non hai que enchela de parches ni forzala, o lóxico é deixala libre. Desta idea xurde este  novo proxecto de nome homónimo, Luter , darlle dirección e sentido a casi toda unha vida chea de inquietudes. A banda actúa o sábado 14 de novembro no Pub Gatos de Melide ás doce da noite.


Roberto Varela xunto aos alcaldes dos concellos do Camiño Francés

Os concellos galegos do Camiño Francés solicitan a Cultura melloras na ruta e nos albergues

Institucional 02/11/2009
  Envía a túa opinión

O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, foi recibido esta mañá polo alcalde de Arzúa e Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, Xaquín García, na casa consistorial do municipio coa finalidade de manter unha xuntanza preparatoria do incipiente Xacobeo 2010. No encontro estiveron presentes os alcaldes, alcaldesas e representantes de cada un dos once concellos que conforman a Mancomunidade, que expuxeron ante o representante autonómico o seu parecer sobre o estado do Camiño Francés e as necesidades máis perentorias de cara a afrontar un próximo ano no que se prevé unha afluencia masiva de peregrinos aos que cómpre ofrecer os mellores servizos e coa máxima calidade.



Vinte mulleres da parroquia de Vilantime participan nun curso de musicoterapia

Sociedade 29/10/2009
  Envía a túa opinión

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Arzúa fixo realidade numerosas peticións dos veciños e veciñas das zonas rurais que tiñan solicitado entre outros cursos de manualidades ou actividades deportivas como ximnasia de mantemento. Hoxe en día, nos locais sociais de Arzúa xa se ofrecen cursos e actividades máis completas e dinámicas que contan cunha aceptación máis que notable por parte dos veciños e veciñas. É así como dende o Centro de Información á Muller do Concello se pensou en organizar un curso de musicoterapia na parroquia de Vilantime. O éxito da convocatoria está garantizado unha vez que xa hai anotadas 20 mulleres da parroquia para participar o vindeiro luns, día 2 de novembro, nun evento que lles permitirá ao ritmo da música traballar o seu corpo para fomentar a creatividade e autoestima.


Boimorto acollerá o IV Encontro de debate sobre o medio rural

Sociedade 26/10/2009
  Envía a túa opinión

Nova Escola Galega ten previsto celebrar os días 6 e 7 de novembro en Boimorto o IV Encontro de debate sobre o medio rural baixo o título “Os nosos proxectos: acadando as competencias básicas”. Nesta cuarta edición preténdese afondar nalgunhas temáticas que inciden directamente no proceso de cambio que afecta ao medio rural desde hai xa varias décadas. Así, pulsarase a situación actual do medio rural galego, considerando diferentes indicadores e a súa repercusión na calidade de vida das persoas. Igualmente debaterase sobre o sentido da educación neste contexto, poñendo o foco na análise crítica das competencias nos proxectos educativos desenvolvidos nas nosas escolas.




O Concello de Arzúa creará dúas zonas para xogos tradicionais

Sociedade 22/10/2009
  Envía a túa opinión

O equipo de Goberno do Concello de Arzúa reuniuse onte na Xunta de Goberno para acordar a adxudicación de dúas importantes actuacións que se materializarán nos vindeiros meses, a construción da primeira fase do graderío do campo de fútbol do complexo deportivo de O Viso e a creación de dúas áreas de xogos tradicionais.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros