Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Franco e Millán Astray

O Concello da Coruña devolverá a Millán Astray o título de fillo predilecto

Sociedade 15/08/2011
  Envía a túa opinión

O concello da Coruña (gobernado polo Partido Popular) non presentará recurso contra a decisión xudicial de devolver o título de fillo predilecto desa cidade a José Millán Astray, fundador da Lexión. O título foi retirado polo anterior goberno municipal da coalición PSdeG-BNG, pero o gabinete do novo alcalde, Carlos Negreira, optou por non continuar esa vía xudicial.


Estado no que quedou o taxi

Accidente mortal ao fuxir dun control de alcoholemia

Sociedade 07/08/2011
  Envía a túa opinión

Unha moza de 24 anos de idade faleceu este domingo nun accidente de tráfico en Culleredo (A Coruña) mentres que o condutor do vehículo, de 27 anos, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña moi grave. Segundo o relato dos Bombeiros de Arteixo, os feitos tiveron lugar ao redor das 8.30 horas no lugar da Corveira. Perseguidos pola Policía por saltarse un control de alcoholemia, invadiron o carril contrario na AC-215 e provocaron unha colisión frontal contra outro vehículo, un taxi, que circulaba con normalidade.


Xornal de Galicia

Xornal de Galicia pecha

Sociedade 02/08/2011
  Envía a túa opinión

O idioma galego perde neste 2 de agosto do 2011 unha importante batalla. A dirección de Xornal de Galicia reuniu esta mañá aos seus traballadores e informoulles que pasado mañá xoves será o último dia que saia a edición en papel do diario. O Xornal criticou en numerosas ocasións as ridículas axudas recibidas desde a Xunta de Galicia.


A exposición “Unha viaxe fantástica” pódese visitar ata o 28 de agosto

A Coruña amosa os tesouros do cinema fantástico

Sociedade 31/07/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Un cento de obxectos orixinais de famosos filmes do cinema fantástico exhíbense na Coruña. A mostra ExpoSyfy. Viaxe fantástica, que se pode visitar na sede da Fundación Novacaixagalicia ata o 28 de agosto, inclúe a criptonita de Christopher Reeves en Superman, a man articulada de Eduardo Manostijeras, o casco de Darth Vader en Star Wars, a espada empregada por Schwartzenegger en Conan ou o condensador de Regreso al futuro, entre outras pezas.


O paro vén motivado polo bloqueo na negociación do V convenio del Contact Center

Folga de 24 horas no sector do telemarketing

Sociedade 30/06/2011
  Envía a túa opinión

Comisions Obreiras (CCOO) e a Unión Xeral de Traballadores (U.G.T.) convocaron para mañá venres unha concentración –manifestación no Obelisco do Cantón Grande en A Coruña ás 12:30 horas coincidindo coa folga de 24 horas convocada no sector do telemarketing para denunciar a situación de bloqueo na que se atopa a negociación do V convenio del Contact Center (Telemarketing).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros