Envía a túa opinión
Arte na rúa 2010. Xa hai data para As Meninas de Canido que se celebrarán o sábado 4 de setembro. Anunciase un evento de pintura, música, danza e fotografía. Máis de 35 artistas e escritores confirmaron a súa participación na iniciativa promovida polo pintor e músico Eduardo Hermida.
Envía a túa opinión
A Associaçom Galega da Língua (AGAL) e o portal de música en galego Komunikando.net veñen de pór en marcha o certame “Musicando Carvalho Calero”. Un novo concurso que ten como obxectivo dar a coñecer e homenaxear a figura do intelectual galego, un home que segundo os promotores do proxecto, “fixo unha análise rigorosa da nosa realidade lingüística e foi consecuente con ela, xa que escolleu seguir os ditados da razón e do corazón antes que os caprichos do estómago”. Por este motivo, AGAL e Komunikando queren darlle voz a través da palabra cantada, como comentou en Radiofusión O Leo i Arremecághona, integrante do portal web galego.
Envía a túa opinión
Uns orzamentos equilibrados para un contexto de crise económica. O Concello de Fene aprobou esta mañá os seus presupostos do presente ano 2010 que alcanzan os 11 millóns de euros. O documento de ingresos e gastos saiu adiante co respaldo do PSOE, a oposición do Partido Popular e a abstención do BNG e de Esquerda Unida.
Envía a túa opinión
O humorista e presentador de televisión Paco Lodeiro actuará como xurado do concurso de tortillas de Santa María de Centroña. Trátase dun dos actos organizados dentro das festas patronais desta parroquia de Pontedeume.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Aurora Rodriguez Carballeira matou á súa filla Hildegart en 1933. Proxectara unha supermuller e matouna por desobedecela. A sona das dúas aumentou como consecuencia dese final tráxico. Con outras mulleres ferrolanas protagonizan a mostra Ferrol en Femenino.