Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Momento da festa

A escola infantíl Sorrisos fixo festa

Sociedade 19/06/2010
  Envía a túa opinión

Chega o remate do curso escolar. Os máis pequenos e pequenas aproveitan o feito para festexar o remate da actividade pedagóxica e o comezo do tempo de lecer. Os pais e nais acompañaron aos máis xoves de Ordes nun dia importante para a Escola Sorrisos.


Obras no camiño de Coruxo en Barbeiros

Sociedade 18/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes levará a cabo unhas serie de obras na infraestrutura rural do municipio a través dun convenio asinado coa Consellería do Medio Rural da Xunta, enmarcado dentro do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural), tal e como confirmaron ao Concello dende a citada consellería no día de onte. A través deste convenio levaranse a cabo as obras de infraestrutura rural referentes ao camiño de Coruxo na parroquia de Barbeiros, o camiño de Barcula en Ardemil, o camiño do Souto en Beán, os camiños de Margarida e Canle en Buscás, os camiños en Casanova e en Castro na parroquia de Vilamaior e os camiños do Pereiro e o de Aneiro en Buscás.


Imaxe da bibliopiscina

A bibliopiscina e a comicteca

Cultura 17/06/2010
  Envía a túa opinión

A Piscina Municipal de O Muíño abriu esta semana as súas portas en Ordes para dar comenzo a unha nova campaña de verán. Unhas instalacións que terán un horario de apertura de 11 a 21 horas todos os días da semana ata o próximo 15 de setembro. Entre os servizos cos que conta esta instalación, un ano máis, os usuarios poderán disfrutar dun servizo de bibliopiscina, a través do que durante a súa estancia na piscina poderán consultar infinidade de libros de diferentes temáticas e estilos, dirixidos para todas as idades, e co que dende o Concello pretenden fomentar a lectura tanto entre os máis pequenos como entre os adultos, á vez de proporcionar un entretemento máis para os usuarios das instalacións.


Inauguración do curso esta mañá

18 asistentes no curso de instalacións solares térmicas

Sociedade 14/06/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, inauguraba esta mañá na Casa da Cultura un curso sobre enerxía térmica dirixido a desempregados que está enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación. Así Regos, quixo dar a noraboa e a benvida ás 18 persoas de toda a comarca que participarán nesta iniciativa. Serviralles para ter máis coñecementos sobre este sector de futuro, intentando tamén facilitarlles a súa incorporación ao mercado laboral a través dunha maior formación, segundo asegurou.


A empresa Couselo Raña cede as súas instalacións para o curso

Aprenden a montar placas solares

Sociedade 11/06/2010
  Envía a túa opinión

Ordes será a sede dun dos cursos enmarcados dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación que ten como obxectivo impartir accións formativas. Un curso sobre enerxía térmica, que dará comenzo o próximo luns día 14 de xuño, e no que se ensinará aos participantes, que serán desempregados, a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros