Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Antonio Veiga saúda a Antonio Montes no acto de presentación do Galibudo

As artes marciais teñen unha cita o primeiro fin de semana de Setembro en Vilalba

Deportes 09/06/2010
  Envía a túa opinión

O 3, 4 e 5 de setembro, Vilalba acollerá un dos principais eventos das artes marciais en Galicia e ao que acudirán grandes mestres de diversas disciplinas e países. A IX edición do Galibudo, organizado polo club Moo Duk Kwan da capital chairega, foi presentado hoxe na Deputación Provincial de Lugo, que, a través da súa área de deportes apoia unha cita que xa é obrigada para aqueles que practiquen algunha das variedades das artes marciais. Os encargados de presentar a edición do 2010 foron o delegado de Cultura e Deportes, Antonio Veiga, e o máximo responsable da Escola vilalbesa, Antonio Montes.


Cartel da presentación do libro

Antón Bao presentará o volume “Obra Completa” de Xosé Luís García Mato nun acto organizado polo IESCHA o vindeiro venres en Vilalba

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

A obra do escritor vilalbés Xosé Luís García Mato será a protagonista do serán do venres 11 de xuño no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, xa que o Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) presentará o volume Obra Completa, financiada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, e na que se recolle unha escolma literaria do autor chairego. No acto de presentación, que dará comezo a partir das 20.30 horas, intervirán Antón Bao, Vicepresidente Primeiro da Deputación; Xosé Luís García Ferreiro, fillo do autor da obra; Darío Xohán Cabana, poeta e prologuista do libro; Bernardo García Cendán, sociólogo e prologuista do libro, e Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA.


Antón Bao entrega o premio a Miguel Morán

A II Edición da Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta repite éxito de público e de participación

Cultura 07/06/2010
  Envía a túa opinión

A Festa de xogos tradicionais de Muimenta rematou onte a súa II Edición ampliando o éxito do ano pasado, dado que foi moi numeroso o público que se achegou ata o recinto Manuel Vila López da localidade chairega para poder desfrutar e aprender do universo lúdico galego. Ademais dos 40 campos adicados aos xogos, tamén houbo espazo para exposicións e obradoiros. Xunto coa Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu), participou a Bizkaiko Herri-Kirol Federazioa de Euskadi e outra asociación procedente de Portugal.


Na imaxe o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a visita ao IES Lois Peña Novo de Vilalba

Educación destina 255.000 euros para os arranxos dos IES Basanta Silva e Peña Novo de Vilalba

Sociedade 04/06/2010
  Envía a túa opinión

O IES Santiago Basanta Silva ampliará a súa biblioteca. Unha achega da Consellería de Educación dea preto de 140.000 euros permitirá que esta instalación sexa mais adecuada e de un mellor servizo aos 622 alumnos do centro vilalbés. O propio conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, fixo este anuncio durante unha visita á capital chairega, na que estivo acompañado pola delegada do executivo galego, Raquel Arias e o alcalde da vila, Gerardo Criado.


O futuro do galego a debate en Vilalba

Sociedade 04/06/2010
  Envía a túa opinión

Representantes do PP, PSdeG- PSOE e BNG debaterán esta tarde sobre o futuro da lingua galega nun acto que comezará ás 20,15 horas no salón de actos do Circulo Recreativo de Vilalba (Lugo). O xornalista Xulio Xiz moderará a mesa redonda que será retransmitida en directo por Radiofusión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros