Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A doazón dun terreo por un veciño de Allariz centrou o pleno ordinario de febreiro

Institucional 01/03/2010
  Envía a túa opinión

O xesto xeneroso de Felipe Aranceta Núñez permitirá aos veciños e veciñas de Nanín, no concello de Allariz, dispoñer dunha zona verde de 1.870 metros cadrados nas inmediacións da capela de Santa Olaia. O alcalde Francisco García explicaba na sesión plenaria que “trátase da última vontade de Felipe Aranceta que no seu testamento deixou constancia deste desexo que fai uns meses transmitía ao concello o seu irmán Domingo Aranceta”. A corporación agradeceu esta acción.


 


O voceiro do PPdeG afirma que quere “o triplete” electoral

“Imos transformar as maiorías amplas en absolutas”, reta Rodríguez Miranda á oposición de cara ás municipais

Institucional 27/02/2010
  Envía a túa opinión

Os efectos da cicloxénese Xynthia tamén se deixan sentir na política. O PPdeG decidíu esta tarde adiar o acto conmemorativo programado para o domingo no que ía festexar a victoria nas pasadas eleccións autonómicas do 1 de marzo de 2009. O aniversario ía contar coa presenza en Santiago do líder do PP no País Vasco, Antonio Basagoiti, e do presidente estal da forza conservadora, Mariano Rajoy, dispostos a achegarlle os seus parabéns a Alberto Núñez Feijóo nunha festa da militancia popular. Mais a dirección dos populares galegos considera “máis prudente evitar desprazamentos innecesarios”. O vindeiro luns hai un ano que se produciu o envorco no Goberno galego, pero a oposición xa busca revancha. Será en 2011, nos comicios municipais. Durante esta semana, representantes das tres forzas parlamentarias expresaron en Radiofusión as súas expectativas de cara a esa cita.


Vicente Risco, membro da xeración Nós

Ás portas de coñecer o gañador do premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais

Cultura 26/02/2010
  Envía a túa opinión

O xurado da XV edición do premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais dará mañá a coñecer o seu fallo.  Deste xeito os concellos de Allariz e Castro Caldelas e mailas Fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco organizan una rolda de prensa ás doce e media da mañá na Fundación Sotelo Blanco, en San Marcos, Santiago de Compostela.


BNG e PP alaricanos levarán ao pleno deste mes sendas mocións en contra e a favor do Decreto para o plurilingüismo

Institucional 24/02/2010
  Envía a túa opinión

O pleno municipal alaricano reúnese este venres a partir das 19:30h na sesión plenaria ordinaria correspondente ó mes de febreiro. A orde do día centrarase na declaración de recoñecemento da escritura de donación de bens ó concello de Allariz por Don Felipe Aranceta Núñez e varias mocións presentadas polo bloque nacionalista galega e o partido popular.



Prisión provincial da Coruña

Morre un preso no cárcere de Pereiro de Aguiar

Sociedade 24/02/2010
  Envía a túa opinión

Os funcionarios de prisións do cárcere de Pereiro de Aguiar en Ourense atoparon a un recluso sen vida a primeira hora da tarde de onte. Permanecía inmóbil no interior da súa cela sen signos externos de violencia. Contaba con 39 anos e en 4 meses remataría a condena a seis anos de prisión que cumpría por roubo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros