Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Agosto de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Busto do escritor e xornalista na casa do concello de Boiro

A Asociación Cultural Borobó nomea presidenta de honra á viuva do mestre de xornalistas

Sociedade 19/08/2010
  Envía a túa opinión

A asociación cultural  Borobó de Boiro, nomeará  esta  semana a Dona Carlota Paz Barreiro, viuva do xornalista  Raimundo García “Borobó”, como Presidenta de Honra da entidade. O acto celebrarase o vindeiro domingo, día 22 de agosto, ás oito da tarde no Centro Social do concello.


Imaxe dos participantes

Inaugurada a segunda fase das rutas cicloturísticas de Boiro, pioneira na comarca da Barbanza

Deportes 17/08/2010
  Envía a túa opinión

Arrincou a 2ª fase das rutas cicloturísticas do Concello de Boiro. No acto inaugural estiveron o Alcalde, Xosé Deira e a concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó. A saída estivo organizada por Daniel Ríos, que xuntou a un grupo de 50 afeccionados. Elixiron para a inauguración probar a Ruta Circular. Esta ruta é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. Esta ruta é circular, con inicio e fin na Praza de Galicia, é de 38.6 km. e ten un tempo estimado de percorrido de tres horas e media. Ao tratarse dunha ruta de cor negro (dificultade alta) convértese na máis apetecible para este tipo de ciclistas. A ruta chega ata Chans do Barbanza, pasando por lugares como Ponte Goiáns, Cadarnoxo, Moimenta, Macenda, Belles de Arriba e A Boliña.


Monumento aos represaliados na rotonda de Cimadevila

Boiro homenaxea a Rodrigo Álvarez Gantes no Día da Galiza Mártir

Sociedade 17/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro homenaxeará este ano, no “Día da Galiza Mártir”, ao que fora mestre na escola do pósito de Escarabote D. Rodrigo Álvarez Gantes, que morreu fusilado en Santiago o 23 de febreiro de 1937. Para lembrar e homenaxear a memoria dos represaliados coincidindo con esta data celébrase hoxe , ás nove da noite, na rotonda de Cimadevila, un acto que nesta ocasión está dedicado a un defensor da liberdade como foi Rodrigo Álvarez Gantes. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, convida a todos veciños e veciñas a sumarse a este recoñecemento.


Nivel de alerta 2 en Barbanza e en Fisterra- Costa da Morte

Medra o número de incendios polo aumento de actuacións incendiarias delictivas

Sociedade 16/08/2010
  Envía a túa opinión

Ante a proliferación dos lumes, a Xunta pide axuda aos corpos do Estado, non só nas tarefas de extinción senón para as labores de detención dos incendiarios. Medio Rural vén de activar o nivel 2 de alerta en ­dous distritos da provincia da Coruña (Barbanza e Fisterra - Costa da Morte). Paso previo para solicitar maior presenza dos efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) nestas zonas. Esta medida adóptase ante o aumento da intensidade do vento no litoral galego, e, sobre todo, ao elevado número de incendios nas últimas horas nestes dous distritos.


Xosé Deira, alcalde de Boiro

O incendio de Boiro foi provocado, segundo o alcalde e Medio Rural

Sociedade 16/08/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Boiro, Xosé Deira, asegura que o incendio forestal declarado na noite do sábado para o domingo está ‘bastante controlado’ e denuncia que ‘prenderon lume’ e puxeron ‘en perigo as persoas que o estaban sufocando’. Arderon 450 hectáreas, segundo a valoración da Consellería de Medio Rural, que tamén coincide en apuntar ao carácter intencionado do lume.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros