Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Edición de Terractiva 2008

Abre Terractiva, a 6ª Feira ecolóxica de Arzúa

Sociedade 17/10/2009
  Envía a túa opinión

Terractiva, a 6ª Feira ecolóxica de Arzúa, abre as portas cunha ampla e variada programación onde teñen cabida todo tipo de actividades, dirixidas a lograr unha maior conciencia social, e un maior coñecemento persoal e do entorno que nos rodea. A feira ecolóxica máis grande de Galicia, conta con máis de 50 expositores, obradoiros, charlas e cursos formativos, ata onde se pode achegar o público co fin de coñecer máis de preto as múltiples posibilidades que ofrecen as enerxías, alimentos e terapias alternativas dos distintos expositores.


A feiractiva contará con máis de 50 expositores

Obras de Xaquín Marín contribuirán a coñecer a situación ambiental galega no Terractiva

Cultura 15/10/2009
  Envía a túa opinión

“A ecoloxía galega contra a globalización mundial”. Este é o lema da sexta edición do Terractiva que se celebra este fin de semana, sábado e domingo, en Arzúa. Un ano máis o evento contará cunha feira ecolóxica, con obradoiros, música, teatro, charlas e exposicións como é o caso de “25 anos de medio ambiente con Xaquín Marín”. Tamén haberá oco para presentación do documental Mashi Trasi que Trasi, realizado por Pallasos en Rebeldía durante a súa viaxe este ano a Palestina.





Entran en funcionamento os contedores soterrados da Rúa Luís Seoane de Arzúa

Sociedade 13/10/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa puxo en funcionamento esta mesma mañá os contedores soterrados situados na Rúa Luís Seoane, no casco urbano de Arzúa. O servizo inaugurado no día de hoxe estaba incluído no proxecto de mellora acometido polo Goberno Municipal nas rúas Luís Seoane e Castelao; de feito estas dúas vías foron completamente renovadas hai uns meses mediante un programa de acondicionamento que permitiu adecentar dúas das rúas máis céntricas e comerciais da vila dotándoas dunha nova imaxe moito máis moderna. Con beirarrúas moito máis amplas, seguras e cómodas, cunha nova capa asfáltica e coa dotación de mobiliario urbano, o goberno arzuán investiu nestas dúas rúas máis de 300.000 euros, financiados en parte pola Consellería de Innovación e Industria, co goberno do Bipartito, e outra parte pola Deputación Provincial de A Coruña.

 


Obradoiro de xogos musicados

Melide aposta por recuperar os xogos tradicionais nas escolas

Sociedade 07/10/2009
  Envía a túa opinión

As instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria “Mestre Pastor Barral” acolleron durante esta fin de semana o I Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico: os Xogos Tradicionais, perspectiva educativa. A actividade estivo dirixida a profesionais da educación de todo o país e compaxinou as sesións teóricas coa práctica dunha mostra significativa de xogos tradicionais. Todas as sesións foron dirixidas por persoal da AGXPT, agás a conferencia de clausura, que foi pronunciada por un dos máis recoñecidos especialistas galegos na materia, o profesor Antón Cortizas Amado.



Presentación do certame

Convocado o XXXV Certame Nacional Galego de Narracións Curtas “Modesto Rodríguez Figueiredo”

Sociedade 06/10/2009
  Envía a túa opinión

A Fundación do Pedrón de Ouro en colaboración co Concello de Arzúa e coa Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro” organiza o Certame Nacional Galego de Narracións Breves baixo o nome de “Premio Modesto Rodríguez Figueiredo” coa finalidade de promover o cultivo da narrativa curta en lingua galega.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros