Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

O paro vén motivado polo bloqueo na negociación do V convenio del Contact Center

Folga de 24 horas no sector do telemarketing

Sociedade 30/06/2011
  Envía a túa opinión

Comisions Obreiras (CCOO) e a Unión Xeral de Traballadores (U.G.T.) convocaron para mañá venres unha concentración –manifestación no Obelisco do Cantón Grande en A Coruña ás 12:30 horas coincidindo coa folga de 24 horas convocada no sector do telemarketing para denunciar a situación de bloqueo na que se atopa a negociación do V convenio del Contact Center (Telemarketing).


A cinta proxéctase mañá martes no Teatro Principal de Santiago

Realidade e ficción danse a man para recuperar a memoria de Sofía Casanova

Sociedade 27/06/2011
  Envía a túa opinión

O Teatro Principal de Santiago acolle mañá martes a proxección de A maleta de Sofía, unha longametraxe que recupera a vida e a historia da galega Sofía Casanova, poeta e correspondente de guerra, que presenciou algúns dos acontecementos máis importantes do século XX, incluídas as dúas Revolucións Rusas e as dúas Guerras Mundiais. A cinta, dirixida por Marcos Gallego, é un falso documental, que desenvolve unhas tramas a medio camiño entre o real e a ficción.


O fotógrafo Óscar París tirou esta imaxe e logo axudou a intentar reanimar ao afogado

A noite de San Xoán máis tráxica en 30 anos

Sociedade 24/06/2011
  Envía a túa opinión

“A noite máis tráxica”. En 30 anos de servizo, o xefe de Protección Civil e dos Bombeiros da Coruña, Carlos Touriñán, non vivira unha festa de San Xoán peor. Dúas persoas faleceron durante a noite das fogueiras, a festa máis multitudinaria do ano na cidade herculina, con 100.000 persoas estimadas participando nas luminarias repartidas por diversos puntos da cidade.


Praia do Orzán, unha das praias urbanas da Coruña

Outro mozo morre esta mañá na praia do Orzán

Sociedade 24/06/2011
  Envía a túa opinión

De novo traxedia esta mañá na Coruña. Un mozo faleceu tras caer á auga na praia do Orzán. O Servizo de Emerxencias 112-Galicia tivo coñecemento ás 8,30 da mañá que un xove desaparecera cando nadaba na praia do Orzán. Un amigo que nadaba na súa compañía pediu auxilio e conseguiu saír da auga.


Unha fogueira en Santiago de Compostela

Un mozo de 22 anos morre ao caer nunha fogueira de San Xoan na Coruña

Sociedade 24/06/2011
  Envía a túa opinión

Un mozo faleceu esta noite nunha fogueira de San Xoan no barrio de Labañou na Coruña. A morte produciuse cando tropezou e caeu no lume. Os seus amigos non puideron rescatalo e faleceu carbonizado.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros