Envía a túa opinión
Os grupos Roncarela e Boj animarán este ano a romaria do Camiñante en Barallobre. A Liga de Amigos recupera a tradicional sardiñada.
Envía a túa opinión
O Concello de Ferrol instalou unha pantalla xigante de alta definición e sistemas de megafonía na Praza de España para que os ferroláns podan seguir os partidos do Mundial de Sudáfrica. O concello conta co apoio do Centro Comercial Aberto A Magdalena-ACOF e a Asociación de Hostelería de Ferrolterra, Eume e co obxetivo de dinamizar o centro da cidade.
Envía a túa opinión
A praia de Rio Sandeu está impracticable e agora retrasase a data de inauguración un mes con respecto á data orixinal, do 15 de xuño ao 15 de xullo. O presidente da AVV de Limodre contounos dende o lugar de Rio Sandeu cómo van as obras. Segundo Suso Bello, a praia está impracticable e de baixada de acceso nada de nada.
Envía a túa opinión
O vindeiro dia 30 de Xuño remata a presidencia de turno do Estado Español na UE, co incumprimento do Presidente do Goberno Español do compromiso adquirido públicamente en sede parlamentar de negociar o levantamento do veto á antiga ASTANO. Desde a comarca de Ferrol, o BNG organiza unha xornada para deixar en evidenciaesta situación. Fene levará o peso operativo dunha serie de actividades a desenvolver durante 12 horas e que consisten nun peche activo no salón de plenos da casa do concello, entre as 10 da mañán e as 10 da noite do mércores 30 de xuño. O peche será activo porque ao longo do día desenvolveranse actividades: debates, discursos e actividades lúdicas.
Envía a túa opinión
Desde o ano 1981 a Biblioteca Municipal de Mugardos atópase no seu actual emplazamento, case en fronte da casa do concello. Un local de escasas dimensións que impide o desenvolvemento de moitas actividades. Segundo a actual bibliotecaria, Fátima García Cendán, “poderíase proxectarse máis aos veciños. Existe un gran descoñecemento das posibilades da biblioteca. Non é que non a precisen pero o espazo non permite acoller moitos usuarios”. Están á espera do traslado a unha instalación máis ampla que lles permita acoller máis fondos e dar un xiro radical á faciana da biblioteca mugardesa.