Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Casa do Concello de Ordes

Lavado de faciana do parque Félix Rodríguez de la Fuente de Ordes

Sociedade 10/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten previsto dar comenzo en 15 días, aproximadamente, as obras de mellora do parque Félix Rodríguez de la Fuente. Unhas obras, que se realizarán a través dunha axuda da Deputación da Coruña que fora no seu día solicitada polo Concello. Estas obras, tal e como explicaron dende o grupo de goberno, consistirán na renovación do peche, melloras no entorno, así como a colocación de novos xogos que sustituirán aos anteriores, e que estarán adaptados á normativa europea de seguridade.


A Escola de Verán axudará na conciliación laboral e familiar

O Concello de Ordes abre o prazo de inscrición da Escola de Verán

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

Un ano máis o Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar unha nova edición da Escola de Verán durante as vacacións estivais. Trátase dunha iniciativa que leva a cabo a Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe a concelleira Silvia Marín, e que como en anteriores ocasións, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses durante os meses de verán. Unha iniciativa que o Concello leva a cabo tamén noutras tempadas de vacacións escolares como o Nadal e a Semana Santa, e que conta edición tras edición, cun gran éxito.


Dous cursos de primeiros auxilios ofértanse polo Concello de Ordes

Continúa aberto o prazo de inscripción dos cursos de primeiros auxilios

Sociedade 07/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes mantén aberto o prazo de inscrición para cubrir as últimas prazas dos dous cursos sobre primeiros auxilios que se celebrarán no municipio. O primeiro deles, trátase dun curso básico sobre primeiros auxilios dirixido ó público en xeral e, o segundo destinado a persoas que realicen algunha práctica deportiva. Ambos cursos son totalmente gratuítos. 


Estación de Curtis

Un home morreu nun accidente en Curtis esta mañá

Sociedade 05/06/2010
  Envía a túa opinión

Un home faleceu esta mañá en Curtis ao empotrarse co seu veículo contra un tractor. Ocurríu ás 7,30 horas no Km 8 da estrada AC 231, na localidade de Curtis. O coche quedou debaixo do veículo agrícola, falecendo o seu conductor.


Coñecendo Asturias e Cantabria

Sociedade 03/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes quixo contribuir unha vez máis a proporcionar á terceira idade do municipio tempo de lecer e diversión coñecendo ademais diferentes lugares da península, a través da realización dunha nova excursión. Así os pasados 29 e 30 de maio un grupo de 53 maiores do municipio viaxaron por terras de Asturias e Cantabria nunha viaxe organizada polo Concello.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros