Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Ábrese o concurso para a xestión do bodegón “Portovello” e da cafetería de Os Invernadoiros de Allariz

Institucional 23/02/2010
  Envía a túa opinión

O pleno do Concello de Allariz celebrado o día 12 de Febreiro de 2010, aprobou o prego de bases económico-administrativas dunha nova concesión por 20 anos do servizo de bodegón do Museo do Coiro “Fábrica dos Nogueiras” A valoración dos proxectos presentados centraranse na proposta económica que parta do mínimo esixido de 100.000€, o proxecto de xestión e a xeración de emprego. Ademais, de conformidade co acordo do Consello de Administración da empresa municipal REATUR S.A. efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo público de cafetería do Camping Os Invernadeiros, incluído o mantemento das instalacións do inmoble consistentes na propia cafetería, supermercado e xardín conlindante, mediante a modalidade de concesión.


O BNG e o PP alaricanos apoian o manifesto “Galiza ten dereito”

Institucional 22/02/2010
  Envía a túa opinión

A sesión extraordinaria do pasado venres en Allariz centrouse na lectura e adhesión por parte dos grupos políticos alaricanos BNG e PP e o rexeite do grupo socialista, ao manifesto subscrito anteriormente por sindicatos, patronais e asociacións económicas, sociais e grupos políticos, contra o recurso á lei de Caixas de Aforro Galegas.



Os organizadores gostan da música tradicional galega

Reanúdanse os Venrespirar en Ourense

Sociedade 21/02/2010
  Envía a túa opinión

Un nome orixinal e unha actividade innovadora. O vindeiro venres comezan de novo os Venrespirar en Ourense. Trátase de festas itinerantes de música e baile que se desenvolven en diferentes locais da cidade das Burgas, organizadas por "Algaravía" a a "AOFT Gomes Mouro".


Allariz adhírese ao manifesto “Galiza ten dereito”

Institucional 19/02/2010
  Envía a túa opinión

A declaración institucional de adhesión ao manifesto subscrito por axentes tanto sociais como económicos, sindicatos e patronais ademais dos partidos políticos BNG e PP, contra o recurso á lei de Caixas de Aforro Galegas será o único punto na orde do día que centrará o pleno extraordinario que se celebrará en Allariz hoxe venres. Un escrito no que se manifesta que Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente, a que o Estado respecto e o autogoberno galego ademais de propiciar a fusión das súas caixas.


 


Eduardo Hermida adícase á música, pintura, fotografía,...

Fabulosos cubatas en Ferrol e Allariz

Sociedade 19/02/2010
  Envía a túa opinión

"Miki Lauda, agarrate fuerte, Miki Lauda, que viene una curva, Miki Lauda, oreja a la plancha, Miki Lauda". Ese é o retrouso dunha das cancións de Os Fabulosos Cubatas de Focking Brothers coa música de "Lady Laura". Para escachar coa risa, coas súas letras, as súas melodias, ironias e sarcamos. Tocarán esta noite no pub La Reserva de Ferrol e mañá sábado no café Roi Xordo de Allariz.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros