Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A Asociación de Traballadoras do Fogar Xiara considera a nova norma un paso adiante

As traballadoras do fogar estrean o domingo dereitos laborais

Sociedade 29/12/2011
  Envía a túa opinión

O ano 2012 estrearase cun cambio substancial nas condicións laborais das traballadoras de fogar, que desde o 1 de xaneiro estarán integradas no Réxime Xeral da Seguridade Social. Este cambio supón unha mellora nas súas condicións laborais e retributivas e con él danse uns pasos imprescindibles para que este traballo deixe de estar abonado á precariedade. En Galicia calcúlase que realizan ese labor arredor de 70.000 mulleres, das que só 20.000 están dadas de alta na Seguridade Social.


Porto de Vilagarcía (Arquivo)

Un morto nun accidente marítimo en Vilagarcía

Sociedade 24/12/2011
  Envía a túa opinión

O patrón do barco do práctico do porto de Vilagarcía de Arousa perdeu a vida esta madrugada e outros dous mariñeiros resultaron feridos ao chocar cun barco de colectores da empresa 'Boluda' á saída do porto, segundo informaron fontes de Protección Civil.  O suceso ocorreu ás 01.00 horas desta madrugada cando a embarcación da empresa 'Boluda', que dispón dunha autorización para operar na terminal de colectores abandonaba o porto.


Movilización da CIG o 11 de outubro en Santiago de Compostela

Pan contra os despidos

Sociedade 11/12/2011
  Envía a túa opinión

O plantel de Novagalicia Banco concentraráse o vindeiro xoves diante da sede central da entidade bancaria en Vigo para protestar contra as intencións do equipo directivo de despedir a 300 ou 400 traballadores. Os convocantes piden aos asistentes á movilización que acudan cun pan debaixo do brazo, para simbolizar o rexeitamento a que Novagalicia banco “xogue co noso pan e co das nosas familias”.


Exhíbese en Vigo a mostra “Type in Motion”

A Fundación Barrié amosa novos xeitos de “ler o mundo”

Cultura 11/12/2011
  Envía a túa opinión

A tipografía animada protagoniza a nova mostra da Fundación Barrié. Type in Motion, unha proposta do Museum für Gestaltung Zürich que chega por vez primeira a España, amosa como, debido á dixitalización da vida cotiá, estamos rodeados de textos en movemento: no ordenador, na televisión, nas fachadas dos edificios... O obxectivo da exposición é ensinar como, para facernos chegar as mensaxes a través de tan diversos dispositivos, os deseñadores tratan de modificar e ampliar os xeitos que temos de “ler o mundo”.


O Sergas estuda que os doentes adianten os cartos do material ortopédico

A CIG-Saúde denuncia que cobrar pola comida nunha hospitalización ou polas próteses atenta contra a equidade

Sociedade 10/12/2011
  Envía a túa opinión

O PP comeza a facer pública a súa axenda oculta en materia sanitaria. Unha axenda que, segundo a CIG-Saúde, conduce ao co-pago e ao desmantelamento do servizo sanitario público. Por iso, a Confederación esixe a súa retirada, sequera do debate, e alerta da pretensión do goberno Feijóo de privatizar o sistema. A eliminación de dereitos para as persoas sen recursos, co constatado bloqueo de tarxeta sanitaria, foi tan só un adianto do que se nos vén enriba, din desde o sindicato. O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lanzaba o primeiro globo sonda o pasado xoves, abrindo a posibilidade de cobrar por servizos que veñen de definir como “non sanitarios” e que suporían cobrar pola comida, a lavandería ou a ducha durante o período de hospitalización. Agora o Sergas engade a posibilidade de que os doentes adianten os cartos do material ortopédico.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros