Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Buque equipado con skimmer

A Xunta "cederá" un dispositivo que pertence á Unión Europea

Sociedade 09/08/2010
  Envía a túa opinión

A deputada do PSdeG- PSOE, Marisol Soneira, criticou o 'afán de protagonismo' da conselleira de Mar, Rosa Quintana, por 'apropiarse' dun 'skimmer' de absorción de hidrocarburos da Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA) que vai ser cedido para a loita contra a vertedura no Golfo de México. O episodio ao que alude a deputada socialista produciuse cando o departamento liderado por Quintana anunciou erroneamente que "cedería" o dispositivo para limpar o petróleo derramado pola compañía BP. Ao tempo, a consellaría manifestaba que "a EMSA decidiu enviar o skimmer" do buque Ría de Vigo ao Golfo de México. Soneira declarou que o Goberno autonómico "provoca deliberadamente a confusión" para "buscar titulares".


Este ano a romaría chega a súa trixésima segunda edición

Boiro festexa a tradicional romaría de Neixón

Sociedade 06/08/2010
  Envía a túa opinión

Un ano máis achégase a Romaría de Neixón, na Parroquia boirense de Cespón. Un evento clave para comprender o que significa no presente a área arqueolóxica dos castros de Neixón. A XXXII edición da festa terá lugar este domingo 8 de agosto. A romaría iniciáse coas alboradas, foguetes de estalos e gaitas. A procesión sairá ás once e media da mañá da igrexa para pasar por Quinteiro e Nine. Ás doce e media comezará a misa cantada na honra da Virxe do Carme e san Xosé. Actuará a coral polifónica do Liceo Marítimo de Rianxo.


As novas pistas construíronse na Avenida da Constitución

Tres novas pistas polideportivas ao ar libre en Boiro

Sociedade 06/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro inaugurará este sábado, día 7 de agosto, as novas pistas polideportivas ao aire libre construídas na Avda. da Constitución. Trátase de tres novas pistas, que contan co equipamento completo e as medidas estándar para a práctica do fútbol sala, tenis e baloncesto. Estas novas instalacións, financiadas con fondos do Plan E do Goberno Central, reforzarán notablemente as infraestruturas dispoñibles no municipio para a práctica deportiva ao aire libre.


Sinatura do convenio

Caixanova e o Concello de Boiro amenizan o verán cun espectáculo circense

Sociedade 05/08/2010
  Envía a túa opinión

Caixanova e o Concello de Boiro  veñen de suscribir un convenio de colaboración co obxectivo de potenciar diversas inciativas culturais e acadar unha programación de calidade para este verán 2010. O alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e o director de zona  de Santiago-Barbanza rubricaron este acordo.


Momento da entrega do galeón

O galeón María Rosa preside o hall do Concello de Boiro

Sociedade 02/08/2010
  Envía a túa opinión

O hall do Concello de Boiro amosa desde hai uns días unha réplica dun galeón tallado en madeira, obra do veciño de Cesar (Boiro) D. Santos Sieira Rodríguez, quen obsequiou ao Concello con esta talla na que invertiu seis meses de traballo. O galeón, bautizado co nome de María Rosa, é unha réplica dun galeón construído nun asteleiro de Ferrol, cidade á que viaxou este veciño para facerse cos planos do mesmo para reproducilo a escala.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros