Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Patrimonio autoriza as obras de recuperación da Carballeira de Arzúa

Institucional 29/09/2009
  Envía a túa opinión

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vén de confirmar que as obras de rexeneración que o Goberno do BNG proxectou na Carballeira da Feira coa finalidade de recuperar os carballos cumpren estritamente coa legalidade. A comisión de Patrimonio que se celebrou esta mañá avala así o traballo do goberno do BNG que sempre defendeu que se trata dunha actuación necesaria e que cumpre con todas as garantías. O técnico redactor do proxecto así como os técnicos municipais sempre defenderon o proxecto que se estaba executando na carballeira porque sabían que se trataba dunha actuación cuxa única finalidade é a de recuperar os carballos centenarios e aqueles outros exemplares que conservan un importante valor natural, paisaxístico e patrimonial.

 


Arzúa repara máis de 10 quilómetros de pistas do seu rural

Institucional 29/09/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa comezou a executar nestes días as obras incluídas no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial que permitirán mellorar diversos camiños e pistas nos núcleos rurais do municipio ao longo de máis de 10 quilómetros. O goberno arzuán investirá preto de 300.000 euros na execución desta actuación que permitirá, tal como explicou o Concelleiro de Obras municipal, Xosé León, “adecentar importantes tramos de numerosos camiños que se atopaban nun estado de deterioro e que tiñan sido reclamados polos veciños da zona que viven preto deles ou teñen as súas explotacións agrarias e agrícolas ao carón destas pistas”.

 


Cartaz do curso

O xogo de tradición cultural a estudo

Cultura 23/09/2009
  Envía a túa opinión

Melide acolle o I Curso de Formación sobre o Patrimonio lúdico: Os xogos tradicionais, perspectiva educativa ". O seminario organizado pola Asociación Galega do xogo Popular e Tradicional (AGXPT) e polo movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega (NEG) celebrarase no IES de Melide o venres 2 de outubro eo sábado 3.


Centro de Arzúa

Un morto e un ferido grave nun accidente en Arzúa

Sociedade 17/09/2009
  Envía a túa opinión

Un home de 46 anos de idade faleceu hoxe vítima dun accidente de tráfico no que se viron implicados dous furgonetas e un camioneiros. Consecuencia deste, tamén resultou ferido de gravidade un home de 33 anos. Segundo informou a Garda Civil, os feitos tiveron lugar ás 13.15 horas no punto kilómetro 55,2 da estrada N-547, no termo municipal coruñés de Arzúa.


O Camiño de Santiago discurre 16 quilómetros polo término municipal de Arzúa

Visitantes de Arzúa: moitos e variados

Sociedade 15/09/2009
  Envía a túa opinión

1000 persoas máis ca no 2008 son as que nos meses de xullo e agosto deste ano pasaron pola Oficina de Turismo de Arzúa, situada en pleno Camiño de Santiago, na chamada Praza do Peregrino. Os datos facilitados pola Concellería de Turismo de Arzúa cifran en 4.175 as persoas que durante este período se achegaron ata o punto de información turística para efectuar consultas relativas a lugares que visitar ou aloxamentos nos que pernoctar.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros