Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Inauguración do tramo do Ave esta mañá

10 de decembro 2011: Ourense- A Coruña (55 minutos)

Institucional 23/06/2011
  Envía a túa opinión

As Burgas e a Torre de Hércules ficarán separadas por unha viaxe de tan só 55 minutos de duración a partir do 10 de decembro de 2011. Será esa a xornada na que comece a explotación comercial do AVE en Galicia, que rebaixará nunha hora e 20 minutos o traxecto actual. O ministro de Fomento, José Blanco, revelou a agardada data inaugural do funcionamento do tren de alta velocidade durante unha viaxe de probas entre O Irixo e o Viaduto do Ulla, onde se descubriu unha placa conmemorativa do Premio San Telmo que acredita esa obra como o mellor traballo de enxeñería civil feito o pasado ano na nosa Comunidade.


Foto: Carlos Pardellas

CCOO e UGT maniféstanse en contra do Plan de Gobernanza Económica e do Pacto polo Euro

Sociedade 22/06/2011
  Envía a túa opinión

Demandando salarios máis xustos, emprego, investimento e a volta á Europa Social, manifestáronse centos de delegados de Comisións Obreiras e UGT perante a Delegación do Goberno na Coruña. A mobilización, impulsada pola Confederación Europea de Sindicatos, celebrouse en vésperas do debate no Parlamento Europeo do Plan de Gobernanza Económica e do Pacto polo Euro, dúas medidas que as organizacións cualifican de "profundamente inxustas porque fan recaer o custo da crise sobre os traballadores e as clase medias".


Ernesto Anido, co bastón de mando de Sada

En Culleredo, Betanzos e Bergondo, alcaldía para o PSOE

Sociedade 11/06/2011
  Envía a túa opinión

Julio Sacristán resultou reelexido esta mañá alcalde de Culleredo cos votos do PSOE e do BNG. En Betanzos a candidatura de Cidadáns respaldou finalmente ao socialista José Ramón García, En Sada fíxose co bastón de mando Ernesto Anido (Partido Popular) tras recibir os votos do ex alcalde Ramón Rodriguez Ares, arrebatandolle a alcaldía ao nacionalista Abel López Soto, que encabezou a lista máis votada.


Sortearanse ipods e abonos anuais para a Sala The Star entre os internautas e o público dos concertos

O universo Querostar pónse en acción

Sociedade 09/06/2011
  Envía a túa opinión

Arrincou onte a segunda edición do concurso Querostar, o certame de música ao vivo que promete revolucionar o panorama musical galego este verán. Organizado desde Carral pola Sala The Star e Airapro Producións, o Querostar 2011 preséntase con suculentos premios de 1.000, 500 e 300 euros para os grupos finalistas. Até o 26 de xuño, calquera grupo ou artista, sen restricións de procedencia, estilo ou traxectoria, poderá inscribirse no certame.


Agárdase masificación nas aulas á volta das vacacións polos recortes no profesorado

Virxilio Gantes, presidente de CONFAPA-Galicia: “Pode haber aulas de ESO con ata 37 rapaces o vindeiro curso”

Sociedade 05/06/2011
  Envía a túa opinión

A reforma das pensións decretada polo Goberno central pode ter efectos imprevisibles nas aulas galegas. Canda o adiamento progresivo da idade de xubilación vaise eliminar a posibilidade do retiro anticipado aos 60 anos. Esa mudanza podería ter estimulado o máis dun milleiro de prexubilacións de mestres que se van producir no ensino público co remate do curso, ás que cómpre engadir os retiros forzosos dos que chegaron á idade límite. Os sindicatos do ensino veñen denunciando que a oferta de 250 novas prazas para Infantil e Primaria que oferta a Consellaría de Educación non cobre de ningún xeito as baixas no corpo docente. En Secundaria non é preciso ese cálculo: non se convoca ningunha. De resultas disto, a Confederación de ANPAS de Centros Públicos, CONFAPA-Galicia, alerta de que na ESO poderá haber aulas “con ata 37 rapaces” o vindeiro curso, segundo o seu presidente Virxilio Gantes. En declaracións a Radiofusiòn manifestou a súa preocupación arredor dunha posible masificación nas escolas e institutos: “Non sei que pensa facer a Consellaría de Educación. Facendo xa recortes no sistema de libros de texto, ao mellor podemos ter este ano moitos máis recortes nos profesores. A ver que pasa en setembro”. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros