Envía a túa opinión
Empeza a ulir a San Xoan na comarca de Ferrol. Das primeiras sardiñadas da temporada son as de San Valentín en Fene o sabado e a do parque do Inferniño esta tarde de venres. O CPS de San Valentín organiza a de Fene mentras que a AVV do Ensanche A argalla a de Ferrol. Granpedrini e o mago da boina e o trio Fusión actuan na primeira mentras que Pentagrama ameniza a segunda.
Envía a túa opinión
A Feira do Viño "Xuviño" inaugurase as cinco e media desta tarde de venres nas beiras do rio Xubia. Os Concellos de Narón e Neda organizan conxuntamente o evento que se prolongará durante toda a fin de semana.
Envía a túa opinión
O BNG defenderá no Parlamento galego unha proposición non de lei na que pide unha actuación urxente para solucionar os problemas que provocan os reiterados desbordamentos do río Cádavo en Fene. As deputadas autoras desta iniciativa, Ana Luísa Bouza, Isabel Sánchez e Teresa Táboas, solicitan que a Xunta de Galiza leve a cabo as actuacións necesarias para a recuperación do río Cádavo ao seu paso por Perlío (Fene).
Envía a túa opinión
Ana María López Patiño é, dende hai catro meses, axudante de armador da firma Ainair no asteleiro de Perlío, aínda que as súas aspiracións pasan por chegar a converterse en oficial de primeira e traballar como soldadora. O seu é un caso excepcional dentro dunha empresa e dun sector copado maioritariamente por homes. Malia todo, esta ferrolá asegura sentirse moi satisfeita polo traballo que realiza e afirma que descubriu a súa "verdadeira vocación".
Envía a túa opinión
Mugardos acolle o sabado, durante todo o dia, a cuarta edición do Festifolk . Polo escenario do Parque Municipal de San Xoan de Piñeiro pasarán os grupos: Muxarega, Ruxe Ruxe, Os 3 trebóns, Homes sen medo, e Ultraquans. Dende as 10 da mañán danse cita aló unha amalgama de xogos, exposicións, musica e xantar popular.