Envía a túa opinión
O sabor convírtese na prioridade absoluta, o resto das variabeis (técnica, emplatado, estética,...) son vehículos, medios, non fins. Debemos marcar os sabores sendo fieis ao produto orixinal. Esa é parte da ideoloxia do Restaurant Escola Espai Sucre. En Barcelona funciona a única casa de comidas especializada e centrada nos postres. Agora ven de abrir outra en New York.
Envía a túa opinión
A música é criación artística pero tamén industria cultural. A dificil convivencia deses dous aspectos carga ás costas dos músicos. Ás veces pódese comer da música, pero os cartos non chegan para cear. Pero o crooner realiza o seu traballo co agarimo dun artesán e ofrece un produto único. De todas esas circunstancias fala a longametraxe documental Naturalidade Silvestre, dirixida por Carlos Alberto Alonso e protagonizada por Roger de Flor.
Envía a túa opinión
Panadeiros, queixeiros, ferreiros, plateiros e ata un soprador de vidro participarán neste encontro que se celebrará durante a vindeira fin de semana, coincidindo coa XV Xuntanza de Palilleiras de Ferrolterra.
Envía a túa opinión
Perto de 1000 cidadás e cidadás déronse de alta no Punto Limpo de Ferrol entre xaneiro e maio deste ano. O Punto puxose en marcha en novembro de 2007. Unhas cifras que o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Rafael Fernández Beceiro, destacou esta mañá que cada vez é maior a concienciación da cidadanía respecto deste servizo, emprazado na estrada de Catabois.
Envía a túa opinión
Os traballadores da administración pública encaran a folga do 8 de xuño como resposta ás medidas aprobadas polo goberno, polas que se rebaixan os seus salarios unha media do 5% e se conxelan o ano que ven. Os sindicatos chamaron ao paro o martes 8 de xuño en todolos centros públicos onde se prevé que só funcionarán os servicios mínimos. Sanidade, Ensino, concellos, administración privincial e autonómica, Arsenal militar, delegación de facenda, etc.
CCOO, UXT e CSIF convocaron manifestación ás 12 con saída do Edificio da Xunta na Praza Amada García e con remate na Praza de Armas. A CIG convoca á mesma hora con saída da Avda de Esteiro.