Envía a túa opinión
Boa música, ricas viandas e moita festa encheron a tarde-noite de onte a Praza Vella, na zona do porto de Ferrol. Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente que se conmemora nesta xornada, o comité cidadán de emerxencia para a ría de Ferrol organizou un festival musical solidario en apoio dos 60 mariscadores imputados por evitar a entrada do primeiro gaseiro a Reganosa no 2007. Algúns dos mellores grupos galegos de rock arrufaron o concerto, como Zénzar, Os tres trebóns, A quadrilla de Campo do Chao, O sonoro maxín, cantareiras de Trasancos, La sentina, Pulpiño Viascón ou Kastomá. Tanto a organización como os compoñentes das bandas participantes destacaron a necesidade do apoio social aos pescadores afectados por esta decisión xudicial.
Envía a túa opinión
Lourdes e Maruxa, as protagonistas da obra escrita por Eduardo Alonso en 2001 e estreada en 2002, suben de novo ao escenario para deleitar e divertir ao público ferrolán coas súas historias. As actrices Luma Gómez e Elina Luaces protagonizan este espectáculo que poderemos ver na cidade naval ate o vindeiro domingo, con funcións ás oito e media do serán -hoxe e mañá- e ás sete o último día. O prezo das entradas é de dez euros.
Envía a túa opinión
Os areaias ferroláns encaran o verán cun incremento nas quendas de limpeza ás fins de semana. Dende o 15 de xuño todos disporán xa do servicio de socorrismo do que agora mesmo xa disfrutan Covas, Doniños, San Xurxo e Esmelle. Esta última perdeu este ano a bandeira azul pero continuan izándoa as outras tres.
Envía a túa opinión
A recollida de teléfonos móbiles, cursos de conducción eficiente (luns 7 e martes 8) , un roteiro polo río Belelle o 5 de xuño , e unha excursión ás Illas Cies (o sabado 19 de xuño ) son as alternativas do concello de Fene, este ano, para o Dia Mundial do Medioambiente.
Envía a túa opinión
A subida do IVE vai retraer o consumo. É o argumento esgrimido polo grupo municipal do PP no pleno de Fene, onde presentou unha inciativa encamiñada a pedir ao goberno central que retire a medida. Os populares aceptaron unha enmenda do BNG que concretaba un pouco máis as medidas no sentido de que o que máis gaña que pague máis. A moción prosperou co apoio destes dous grupo e de EU. Os socialistas defenderon a necesidade de subir o imposto neste momento de crise e calificaron a proposta do PP de hipócrita, defendendo que a presión fiscal é 3 puntos máis baixa que cando gobernaron os populares, e necesaria para non tocar as prestacións sociais.