Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

É unha solución

Multa pola caca de can

Sociedade 02/06/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, dende o programa Ordes sostible, puxo en marcha unha campaña de concienciación contra o abandono de excrementos caninos na vía pública. Esta campaña pretende solucionar os numerosos problemas para os veciños e queixas que se derivan do abandono dos excrementos caninos na vía pública, parques ou zonas de recreo do municipio.


Presentación do Plan esta mañá

Cidadanía, convivencia e integración

Sociedade 26/05/2010
  Envía a túa opinión

O concelleiro de Servizos Sociais de Ordes, Jesús Pampín, presentaba esta mañá o inicio dun novo proxecto que se levará a cabo dende o seu departamento, a elaboración do “1º Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración”. No acto, o concelleiro ordense estivo acompañado por Francisco Hurtado, da ONG Ecos do Sur, e Ismael Blanco, representante da empresa Grupo OBZ Consulting, ambas entidades que estarán encargadas, xunto ao Concello, da elaboración do plan.


Debuxo, cesteiría, manualidades, bolillos, ...

Sociedade 25/05/2010
  Envía a túa opinión

Un total de 168 veciños e veciñas dos sete municipios da comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) participan na IV Mostra dos Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes, organizada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha exposición que foi inaugurada na noite de onte no centro cívico de Cerceda e que poderá visitarse ata o vindeiro 31 de maio.


Ao comezos deste mes houbo en Ordes unha exposición sobre os efectos da enerxía

Ferido pola tronada en Ordes

Sociedade 24/05/2010
  Envía a túa opinión

Un traballador resultou ferido hoxe tras sufrir unha descarga eléctrica por mor da treboada mentres traballaba nun poste de subministración eléctrica na localidade coruñesa de Ordes. Segundo informou a central de emerxencias 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 18.21 horas desta tarde no lugar de Parada, onde o home traballaba nun poste da luz. Por mor da tormenta que se rexistrou a esas horas na zona, o traballador recibiu unha descarga eléctrica.


Foto de familia diante da Casa do Concello de Ordes

Os cracks do hockey

Sociedade 21/05/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibía na Casa do Concello, ao equipo de benxamíns da A.C. Órdenes, que a pasada fin de semana se proclamaban campións da liga de hockey. Regos quixo felicitar de primeira man a estes pequenos deportistas a quen lles deu a noraboa polo seu logro no acto que se celebrou no salón de plenos do Concello, e ao que asistiron tamén os entrenadores dos rapaces, así como a xunta directiva do clube e familiares dos xogadores, ademais doutros concelleiros que tamén quixeron felicitar aos rapaces.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros