Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O Club Jansu durante unha das xornadas de tecnificación celbradas en Vilalba no mes de marzo

O club Jansu organiza unha xornada técnica de Tae Kwon Do para o sábado en Baamonde

Deportes 01/06/2010
  Envía a túa opinión

O Club Jansu de Vilalba organizou un curso técnico para a Provincia de Lugo, conxuntamente coa Federación Galega de Tae Kwon Do, para o vindeiro sábado 5 de xuño no Pavillón polideportivo de Baamonde e que dará comezo contra as 16.30 horas. Poderán participar os cativos e rapaces de entre 10 e os 18 anos e a inscrición será de balde antes do xoves 3 de xuño.


Rodríguez Patiño dando unha das súas clases na UNED Senior

O cura de Xestoso insta aos sacerdotes galegos a obviar a Israel nas súas omilías

Sociedade 01/06/2010
  Envía a túa opinión

O último incidente do conflito palestino israelí, que rematou coa abordaxe dunha flota de axuda humanitaria por parte do exército hebreo en augas internacionais, no que morreron, a lo menos, nove persoas, motivou o chamamento do párroco de Xestoso-Momán, Luis Ángel Rodríguez Patiño, que instou aos sacerdotes non mencionar a palabra Israel nas súas celebracións.


Portada do último número da revista A Pravia

O Insúa Bermúdez entrega os premios da XIV edición do certame Benxamín Paz

Sociedade 01/06/2010
  Envía a túa opinión

O pasado venres, día 28 de maio de 2010, entregáronse os premios da XIV edición do Certame Literario “Benxamín Paz” que organiza o CEIP “Antonio Insúa Bermúdez”. O acto, que tivo lugar ás 19 horas no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, enmarcouse dentro das actividades que o colexio chairego programou co gallo das Letras Galegas para “fomentar a creatividade artística e literaria, por un lado, e a potenciar o idioma galego cara a consecución da súa plena normalización, por outro”. O evento completouse cun pequeno recital poético a cargo dos gañadores do premio e coa actuación do Grupo Pandereteiras de Andrade.


Antón Bao e Xosé Lombardero amosan a súa habilidade no xogo da Porca

Mais de 100 xogos tradicionais galegos tomarán o recinto Manuel Vila de Muimenta o 6 de xuño

Cultura 26/05/2010
  Envía a túa opinión

Muimenta xogará como antano. As formas tradicionais de entretemento substituirán, a lo menos por un día, ás consolas de última xeración ou aos deportes maioritarios xa que o vindeiro 6 de xuño celebrarase no Recinto Manuel Vila López a II Festa de Xogos Tradicionais, organizada pola Asociación de Xogos tradicionais de Muimenta (Xotramu) e que conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, dirixida polo nacionalista Antón Bao. No acto de presentación que tivo lugar hoxe participaron, ademais do propio Bao, o presidente da Xotramu, Manuel Vila López, o seu tesoureiro, Xosé Lombardero, e a vogal, Sofía Crecente.


A auga da traída de Parga presenta problemas por causa dun verquido, segundo o BNG

O BNG de Guitiriz denuncia o aspecto rosáceo da auga da traída en Parga

Sociedade 25/05/2010
  Envía a túa opinión

O mal aspecto que presenta a auga corrente na parroquia de Parga, en Guitiriz, motivou a petición de “explicacións” desde o BNG local, a través do seu responsable, Xosé Lois González Souto, debido a que, segundo a formación nacionalista “comeza a xerarse certa alarma” polo estraño color rosáceo que ten a a auga da traída.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros