Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

A comarca do Eume foi unha das fortemente afectadas polo ciclón

Os propietarios de montes afectados polo Klaus coñecen de primeira man as axudas

Institucional 17/03/2009
  Envía a túa opinión

Técnicos da Consellaría do Medio Rural ofreceron nas Pontes unha charla para informar sobre a estratexia a seguir coa madeira afectada polo furacán Klaus. Á xuntanza asistiron máis dun centenar de persoas, tal como relata na súa crónica de voz Xosé Montero desde Radio Eume.


Os maiores das Pontes aprenden a usar o móbil

Sociedade 16/03/2009
  Envía a túa opinión

O departamento de Servizos Sociais do Concello das Pontes pon en marcha un curso formativo para ensinar aos veciños de máis idade a usar o teléfono móbil. Os interesados en participar nesta iniciativa deben apuntarse antes do día 23 deste mes de marzo.


Internet converterase nunha plataforma para compartir inquietudes

As mulleres das Pontes xuntarán as súas ideas nun blog

Sociedade 13/03/2009
  Envía a túa opinión

O Centro de Información á Muller convocou aos colectivos femininos ponteses a crear un blog conxunto. O obxectivo desta plataforma é o de reunir as opinións, inquietudes e actividades das mulleres do concello.


A Igrexa do Poboado acollerá o certame

As Pontes volve ser designada como a sede do Festival da Canción Vocacional

Sociedade 11/03/2009
  Envía a túa opinión

A Delegación Diocesana de Pastoral vocacional decidiu confiar un ano máis en As Pontes como anfitrioa do seu do seu tradicional Festival da Canción Vocacional. Este ano, a nova chega cando se está a acometer unha obra de reparación no tellado do templo relixioso, polo que se agarda que os traballos podan seguir a bo ritmo para que non haxa que renunciar a esta cita que é xa un clásico. Se o tempo non provoca complicacións insalvables, o sábado 25 de abril a Igrexa de O Poboado ateigarase con centos de xoves que acoden a esta convocatoria formando grupos en moitas localidades da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.


Interior da factoria das Pontes

LM Composites reclama o apoio da Corporación

Sociedade 09/03/2009
  Envía a túa opinión

Os traballadores de LM Composites en As Pontes seguen a tocar en tódalas portas na busca de apoios diante do difícil panorama que se lles presenta para dar continuidade ó seu traballo máis aló do hourizonte de fin de ano, cando remata o Expedente de regulación de emprego ó que foron sometidos. Esta mesma mañá solicitaban a convocatoria dun pleno extraordinario no concello para abordar a situación dunha empresa que leva case un ano sometida a ERES, ó estar xa co segundo, e á espera de que cando remate o ano poder mesmo pechar se non se conseguen clientes.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros